Papuxa gabián: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Crear páxina
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2014 ás 13:28

Papuxa gabian

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: ''S. nisoria''
Nome binomial
'Sylvia nisoria'
(Bechstein, 1792, Alemaña)

A Papuxa gabián (Sylvia Nisoria) é unha ave da familia das Sylviidae

Morfoloxía e Hábitos

A Papuxa gabián ten unha lonxitude duns 15 cm e pesa uns 30 gramos. O corpo enteiro é de cor gris exceptuando a parte inferior máis clara e barrada, similar ó deseño dos gabiáns. Ollos amarelos. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras, alimentándose de insectos, baias e arañas.

Reprodución

A época de cría vai dende Maio a Xullo, consistindo a posta en 5 ou 6 ovos. O tempo de incubación sitúase ó redor dos 14 días, permanecendo os polos preto de 15 días no niño.

Distribución

Común en toda Europa Oriental, dende Polonia e Eslovenia ata as rexións dos Cáucaso. Rara en Europa Occidental e na costa Mediterránea.

Véxase tamén

Bibliografía

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Sylvia nisoria". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.