Invasión musulmá da Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
este artigo segue precisando de revisión ortográfica
Sen resumo de edición
Liña 78:
Outro aspecto a ter en conta é o de que organizar un exército non era doado nos últimos tempos do reino visigodo. Isto debíase a que a perda de propiedades do Patrimonio da Coroa, de onde se obtiña o recrutamento dos servos que atendían tales propiedades, fixo que o rei tivese un exército propio moi minguado e dependese en gran medida dos efectivos achegados polos nobres. Aínda que había leis que penaban e multaban fortemente a quen non acudían a apoiar o rei, moitos nobres preferían manter os labores agrícolas, fonte dos seus ingresos. Se a isto unimos o problema de Axila II no nordeste e a división nobiliaria no seu propio bando, o resultado foi que, ademais de tarde, o exército de Rodrigo non debía de ser moi numeroso. Este exército ademais de reducido estaba dividido, e xurdiron desacordos que motivaron loitas internas e desercións. Parece moi probable que, mesmo, Tariq recibise no transcurso da batalla apoio de nobres vitizanos que acompañaban o rei.
 
A consecuencia de todo elo foi que Rodrigo resultou derrotado na batalla do río Guadalete (aínda que algúns historiadores a sitúan máis ao sur, nos ríos Salado ou Barbate, ou xunto ao lago da Janda, ou incluso xunto ao río Guadarranque). Sexa onde for, a batalla tivo lugar a finais de xullo de 711, precedida de diversos tenteos e *escarceos durante varios días, morrendo nela ou inmediatamente despois o propio rei Rodrigo. Os nobres que permaneceron co rei e os seus opositores witizanos morreron tamén na súa maioría.
 
Tariq fíxose cun gran botín, pois Rodrigo viaxaba cun gran luxo, dado o fasto e o rico do enxoval que utilizaban os reis visigodos dende Leovigildo, imitando a pompa e riqueza da corte dos emperadores bizantinos.
Liña 129:
Estes pactos foron moi diversos, dependendo das circunstancias, pois algúns incluían o respecto do goberno local, a conservación dalgúns bens e un mínimo grado de tolerancia relixiosa (tipo ''’ahd'', como logo veremos algún exemplo) e outros eran máis similares ao modelo de Mérida, con submisión seguida pola entrega de bens. Estes acordos estendéronse tamén aos magnates que, aínda sen o título de conde, gobernaban de feito sobre extensos territorios nos que non había ningunha cidade importante, manténdoos nas súas propiedades a cambio de súa lealdade.
 
Pero as cidades que resistían eran destruídas e queimadas, as súas igrexas derruídas, e a súa poboación morta ou escravizada, co fin de dar un escarmento e un aviso a outras cidades. Aos homes matábaselles, normalmente crucificados, e as mulleres e nenos eran escravizados, sendo estosestes últimos islamizados á forza. Nalgúns casos, os homes e mozos que se libraban da morte traballaban como escravos nas súas antigas terras, cultivadas agora en proveito dos seus novos señores.
 
Os conquistadores tamén se reforzaron ofrecendo a liberdade aos escravos que se converteran ao islam. Estes, porén, debían xurar fidelidade ao clan tribal do xefe militar que os liberaba, e integrarse en seu exército. Musa non estableceu ningunha modificación nos impostos, os cales seguirían recadándose en igual forma que ata entón, pero o seu importe recibíao o [[wali]] árabe de [[Hispania]] (este era o título que utilizaba [[Musa ibn Nusair|Musa]]). Con Musa, a lexislación anti-xudía desapareceu, o que tamén lle granxeou o apoio desa comunidade.