Valeriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 260 mediante HotCat
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
Efectivamente, na parte occidental, os [[godos]] de novo estaban a dar graves problemas. Xa non era tribos que loitaban unhas contra outras, senón exércitos organizados e cuxas forzas abranguían un gran territorio, xa que os [[ostrogodo]]s (ao parecer significa godos espléndidos) ocupaban todo o norte do [[Mar Negro]], mentras que os [[visigodo]]s ("godos nobres") ocupaban todo o Oeste deste mar. Ademais tiñan unha grande masa de campesiños [[eslavo]]s baixo o seu mandato.
 
A ameaza goda levou a reforzar as terras do [[río Danubio|Danubio]] Inferior, aá costacusta de debilitar o Danubio Superior e o baixo [[río Rhin|Rhin]]. Iso foi pronto advertido e aproveitado polos [[francos]]. No [[256]] unha nova coalición atravesou o Rhin, cruzou a Galia e chegou a España. Unha parte mesmo chegou a África. Os emperadores conqueriron algunhas vitorias contra deles, pero entón unha nova coalición invadiu Italia. Tratase dos [[alamán]]s. As cidades do Imperio comprenderonn pronto que non había ningún poder capaz de protexelas, polo que escomenzaron a construir murallas capaces de soster un longo asedio. Era moi frecuente ver os [[bárbaro]]s das lexións, que supostamente estaban para defendelos, pasandose ao bando contrario. Ademais, nunha epoca en que os soldados eran tan necesarios, os cristiáns negabanse a formar parte do exército, xa que se lles esixía aceptar a divindade dos emperadores, ao que se negaban, polo que eran tratados coma traidores. De tal xeito que foron perseguidos e martirizados moitos deles nesta época. A consecuencia dun decreto do [[257]], morreu o papa [[Estevo I, papa|Estevo I]], e o mesmo lle ocorreu a [[Cibrán de Cartago|San Cibrán]] no [[258]].
 
No Oriente, Valeriano conquiriu deter as correrías dos godos, e rexeitou as incursións dos [[sármata]]s en [[Panonia]], pero no ano [[255]] as tropas do rei [[Sapor I]] de [[Persia]] conquistaron [[Antioquía]] . Tras enviar o xeneral [[Felix]] cara a [[Bizancio]] e concentrar as tropas de [[Succesiano]], prefecto do pretorio en [[Samosata]] e recupera Antioquía no [[256]].