Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 128:
O afogo económico fixo que Rusia abandonase o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón creu necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reuniu un exército de 600.000 homes para invadir Rusia. Acadou as vitorias de [[Smolensko]] en agosto de 1812. Os rusos empezaron unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscaban illar os franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofreceron resistencia ás portas de [[Moscova]], onde foron vencidos na batalla de [[Borodino]]. Napoleón tomou Moscova, que tamén foi incendiada polos rusos. Agardaba en balde unha mensaxe de paz do [[Tsar]].
 
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso do [[Beresina]], aá costacusta de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O Gran Exército quedou reducido á nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
 
===Todos contra Napoleón===
Liña 135:
Napoleón improvisou un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrotou os prusianos en [[Lutzen]] e [[Batalla de Bautzen|Bautzen]]. Tiño á súa mercede todo o flanco sur de [[Berlín]], pero ante a inferioridade numérica e o esgotamento das súas bisoñas tropas, optou por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante cualificaría como ''a maior parvada da súa vida'').
 
Os exércitos austríacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañaron tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volveu a vencer en [[Dresde]]. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscaron embolsalo en [[Leipzig]], onde en outubro de 1813 tivo lugar a denominada [[Batalla das Nacións]]. En realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coligadas. Napoleón conseguiu retirar ordenadamente as súas tropas, pero aá costacusta de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasou o exército bávaro que pretendía pecharlle o paso en [[Hanau]], e volveu a Francia onde pretendía reorganizar novamente o seu exército.
 
Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvéronse contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusiano [[Blücher]] e o austríaco [[Schwarzenberg]] entraron en Francia.