Xosé Cuíña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q9096725
o nome do concello é simplemente "Cangas"
Liña 8:
 
===Conselleiro de Obras Públicas===
Logo das eleccións que lle outorgaron a maioría absoluta ao Partido Popular de [[Manuel Fraga]], en [[1990]], Xosé Cuíña convértese no home forte do executivo ao ocupar a carteira de conselleiro de Obras Públicas. Dende este cargo, impulsou unha rede de vías de alta capacidade entre as que se atopan: a autoestrada Coruña-Carballo A55, a autoestrada Vigo-Baiona A57, a autovía Ferrol-As Pontes, o corredor central Lalín-Chantada-Monforte CRG2.1, a vía rápida do Salnés VRG1.1 e a vía rápida da Barbanza VRG4.1. Tratábase con elas de poñer fin ao tradicional déficit galego en comunicacións terrestres. Así mesmo, dispuxo a redacción da ''Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia'', aprobada por unanimidade no [[Parlamento de Galicia]] aínda que de escaso desenvolvemento e execución. Co fin de poñer fin ao caos urbanístico de Galicia e frear a desaparición da arquitectura rural asinou coas sete cidades de Galicia, así como como outros concellos diversos e a FEGAMP o ''Acordo Marco para a reforma do urbanismo de Galicia'' de data 27 de xullo de 2001 <ref>''Galicia 2003'', Xunta de Galicia ISBN 84-453-3459-X pax. 333</ref>. Froito dese acordo foi a ''Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia''. Esta lei supuxo unha maior protección do litoral coa ampliación da servidume de costas de 100 aos 200 metros dende o dominio público marítimo terrestre. A través do [[Instituto Galego da Vivenda e Solo]] e as empresas públicas [[Xestur]] creou máis de 6 millóns de metros cadrados de superficie neta industrial e comercial nos 39 parques construídos <ref>Galicia 2003, opus cit. pax 340</ref>. Puxo en marcha uns programa de rehabilitación de vivenda rural e a erradicación do chabolismo e da infravivenda con máis de 30.000 actuacións<ref>''Galicia 1997'', Xunta de Galicia ISBN 84-453-1915-9, pax. 275</ref>. Espallou pola xeografía do país diversas actuacións en materia de equipamentos urbanos (Conservatorio de [[Lalín]], edificio multiusos de [[Vilalba]], recinto feiral de [[Pontevedra]], Sala de Congresos e exposicións de [[Baiona]], auditorios de [[Cerceda]], [[Cangas do Morrazo]], [[Vilagarcía de Arousa]], [[Ourense]],...). Creou o ente [[Portos de Galicia]] a través do que dispuxo a mellora ou construción de peiraos, fondeadoiros, lonxas e instalacións náutico-deportivas.
 
===Secretario Xeral do PPdG===