Descubrimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Desembarco_de_Colon_de_Teofilo_de_la_Puebla.jpg" por "[[commons:File:Desembarco_de_Colón_de_Dióscoro_Puebla.jpg|Desembarco_de_Colón_de_Dióscoro_Puebla.jp...
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxo ligazóns
Liña 2:
Un '''descubrimento''' é a observación novidosa ou orixinal dalgún aspecto da [[realidade]], normalmente un fenómeno natural; o achado, encontro ou manifestación do que estaba oculto e secreto ou era descoñecido.
 
No curso da innovación [[científica]], as máis transcendentes [[teoría]]s científicas e os maiores descubrimentos noutros ámbitos non adoitan ser obra persoal dun [[xenio]], senón dun grupo de persoas, sexa en [[equipo]]s ou pola suma de esforzos sucesivos de individuos ou grupos humanos. Na maior parte dos casos, non son éxitos debidos á [[serendipia]] ou ao [[sorte|azar]], senón froito de procesos de [[investigación]] ou [[exploración]] sistemática consciente e moi prolongados no tempo.
 
Tamén se pode denominar ''descubrimento'' á descrición das primeiras incursións de xentes dunha cultura no ambiente xeográfico e cultural doutra. A [[Occidente|cultura occidental]] usou o termo para salientar a importancia na historia do mundo da exploración ligada á expansión de Europa cara ao resto do mundo. O ''descubrimento'' de cada continente, illa ou accidente xeográfico, por parte de [[viaxeiroviaxe|viaxeiros]]s, [[exploradorexploración|exploradores]]es, [[conquistador]]es e [[colonizadorcolonización|colonizadores]]es europeos, conduciu á noción de que os [[indíxena|nativos]] foron ''descubertos'', independentemente do feito de que xa estiveran alí desde había séculos ou mesmo milenios.
 
Neste sentido, adoita denunciarse que o terno implica un nesgo [[eurocentrismo|eurocéntrico]] e [[etnocentrismo|etnocéntrico]] na linguaxe e no pensamento.