Manuel Amor Meilán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Traballou como funcionario na [[Deputación de Lugo]]. Foi redactor e despois director durante vinte anos de ''[[El Regional]]'' e tamén dirixiu o xornal ''[[La Provincia (Lugo)|La Provincia]]''. Colaborou noutras publicacións como ''La Ilustración Artística'', ''Revista de España'', ''La Ilustración Ibérica''.
 
Investigou a existencia humana en covas (como a [[cova do Rei Cintolo]] de [[Mondoñedo]]) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de [[José Villaamil Castro]]. Cría na orixe [[celtas|céltica]] de [[castro (poboado)|castros]] e [[mámoa]]s, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en ''Historia de la provincia de Lugo'' ([[1918]]). Outras obras inclúen a ''Geografía General del Reino de Galicia'', xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de '''Manuel Molina Mera'''.
 
Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en [[lingua galega|galego]], ademais de publicar numerosos relatos n' ''[[O Tío Marcos da Portela]]'' e outras publicacións.