Ciutat Vella de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 43:
A [[Barcelona]] actual é froito da anexión dos antigos municipios da chaira de Barcelona: [[Les Corts|Les Corts de Sarrià]], [[Sarrià]], [[Vallvidrera]], [[Sant Gervasi de Cassoles]], [[Sants-Montjuïc|Santa Maria de Sants]], [[Gràcia]], [[Sant Andreu de Palomar]], [[Sant Martí de Provençals]] e [[Horta, Barcelona|Horta]]. O antigo municipio de [[Barcelona]] ocupaba o que hoxe é a Ciutat Vella e o [[Eixample de Barcelona|Eixample]], como este último non tiña núcleo de poboación, a Barcelona vella atópase no que actualmente é o distrito de Ciutat Vella, pechada desde a primeira muralla romana ata a última, que databa do [[século XIV]] e que foi demolida en [[1854]].
 
A historia do distrito comeza coa fundación de Barcelona no [[Monte Tàber]]. Os primeiros [[Roma Antiga|romanos]] escollerían un pequeno montículo entre dous arroios, Collserola (hoxe en día [[La Rambla]]) e o de Jonqueres (hoxe en día a Via Laietana). Naquel lugar fúndase a ''Colonia Iulia Augusta Paterna Fauentia Barcino'', ou, simplemente, Barcino, substituíndo un antigo establecemento romano en [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]], que se cre que podería estar onde hoxe atopamos o barrio de [[La Marina de Port]], e que abandonarían por mor das crecidas do [[Río Llobregat|Llobregat]], que impedían a utilización do porto.
 
Ata o [[século XII]] a Barcelona antiga vivía encerrada no perímetro da muralla romana do [[século IV]], que foi restaurada en parte polos primeiros condes de Barcelona. Non será ata o fin do [[século XII]] ata que a cidade experimente un crecemento, aumentado aínda máis durante o seguinte século, para protexer os barrios que se formaron en torno aos camiños de entrada da cidade, en extramuros, e que a conectaban coas vilas próximas. Algunhas destas foron a [[Bòria]], [[Sant Pere de les Puel·les]] e Vilanova de Mar. Esta última creceu ao redor da igrexa de Santa Maria de les Arenes, hoxe máis coñecida como [[Santa Maria del Mar]]. Ao norte tamén atopamos outra vila nova ao redor da colexiata de Santa Anna, onde hoxe está [[La Rambla]].