Fira de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Construmat 2005.jpg|250px|thumb|O recinto de [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]] durante a celebración da feira Construmat [[2005]].]]
'''Fira de Barcelona''' é a institución feiral de [[Barcelona]] e unha dunha das máis importantes de [[Europa]]. Cada ano organiza numerosos salóns e congresos onde se reúnen destacadas a empresas de diferentes sectores económicos para expor as súas novidades, intercambiar experiencias, coñecementos e promover negocios.
 
== Historia ==
A Fira ten as súas orixes na [[Exposición Universal de Barcelona de 1888|Exposición Universal de 1888]], primeira feira de mostras de Barcelona, con motivo da que se construíu o recinto feiral do [[Parque da Ciutadella]]. Con motivo da inauguración da [[Exposición Internacional de Barcelona de 1929|Exposición Internacional de 1929]], a celebración de acontecementos feirais trasladouse ás novas instalacións creadas en [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]], espazo onde se desenvolveu este acontecemento mundial. Na actualidade, hai tamén un novo recinto feiral, inaugurado en [[2007]], preto da avenida da Granvia de [[L'Hospitalet de Llobregat|L'Hospitalet]] que, conxuntamente co recinto de Montjuïc, impulsan a proxección internacional de [[Barcelona]], converténdoa na segunda cidade de [[Europa]] co maior recinto feiral, logo da urbe de [[Milán]].
 
En [[1932]] foi constituída oficialmente a sociedade Fira Internacional de Barcelona, declarada de utilidade pública, e en [[2000]] a [[Generalitat de Cataluña]] incorporouse aos órganos de goberno, xunto co Concello de Barcelona e a Cámara de comercio de Barcelona.