Piratería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m →‎Historia: arranxiño
Liña 15:
Coa caída do [[Imperio Romano]] a maior ameaza pirata en Occidente representárona os [[viquingos]]. Estes mantiveron durante máis de douscentos anos unha política de ataque a todas as costas da fachada atlántica europea, avanzando amplamente cara ao interior. Foron os viquingos os primeiros piratas que lanzaron ataques coñecidos contra as cidades da [[Galicia]] medieval (ano [[840]]).
 
O peso e dinamismo económico [[Mundo ÁrabeÁrabes|árabe]] motivou a recuperación da pirataría no Mediterráneo, cos piratas [[bérber]]es e [[otomanosImperio Otomán|otomán]]s, contra os que [[España]] librou a [[batalla de Lepanto]]. Ademais, a piratería comezou neste tempo a estar indisolublemente asociada co [[escravitude|tráfico de escravos]], que os árabes do norte de África comezaban a realizar cos reinos subsaharianos.
 
Pero o contacto de Europa con América e a creación de numerosas rotas comerciais no Atlántico estimularon a aparición da época máis brillante da piratería. Os piratas, ben pola súa conta ([[bucaneiro]]s), ben seguindo as ordes dun monarca e protexido por el ([[corsario]]) atacaron as frotas española e portuguesa, que posuían a maior parte do negocio americano. O [[Caribe (rexión)|Caribe]] e as súas illas, moitas delas baixo goberno francés ou inglés, foron porto seguro para estes piratas, que tamén importaron escravos e estimularon o comercio na área favorecendo o contrabando e permitíndolles aos produtores escapar do prezo único que fixaba a [[Casa da Contratación]].