Río Bibei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 36:
 
===Flora===
A situación xeral da cunca englóbase entre o límite da rexión Eurosiberiana e a Mediterránea. Na zona máis oriental o bosque predominante é o dominio das quercíneas, como os [[Aciñeira|enciño]]s (''Quercus ilex''), os [[acivoacivro]]s (''Ilex aquifolium'') ou as [[sobreira]]s (''Quercus suber''), aos que acompañan outras especies como [[érbedo]]s (''Arbutus unedo'') e os [[cancereixo]]s (''Sorbus aucuparia''), con relictos de [[carballo]]s e [[rebolo]]s (''Quercus robur'', ''Quercus pyrenaica''), [[loureiro]]s (''Laurus nobilis'') e [[acerollo]]s (''Prunus lusitanica'').
 
As quercíneas alternan con paisaxes influídos antropicamente non vales baixos, aparecendo mesturados con [[castiñeiro]]s (''Castanea sativa'') ou formando estas concentracións maiores ou menores. A degradación das quercíneas evoluciona nas zonas medio altas formando extensas áreas de [[uzErica|uces]] (''Ulex, Calluna''), [[xesta]]s e [[codeso]]s (''Cytisus''). Nas zonas baixas poden aparecer plantas odoríferas como a [[esteba]]s (''Cistus ladaniferus''), a [[lavanda]] (''Lavandula stoechas'') ou o cantroxo.
 
Hai ademais unha serie de endemismos, as veces propios de altura, como a ''Genista sanabrensis'' ou ''Gentiana lutea''.