Constantino V: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 775 mediante HotCat
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 4:
 
==Traxectoria==
A Constantino opúxose o chambelán do seu pai [[Artabasdo]], que atacou ao seu exército cando estaba en campaña contra os [[Pobo árabe|árabeárabes]]s en [[Anatolia]]. Artabasdo declarou que Constantino morrera na batalla e fíxose co poder en [[Constantinopla]]- Pero en realidade, Constantino fuxiu a [[Isauria]], reuniu aos seus seguidores e asediou a capital en [[742]]. A finais de [[743]] xa recuperara a cidade e mandara cegar a Artabasdo.
 
Tras estes feitos, reorganizou os [[temastema]]s, os distritos militares do Imperio e creou novas divisións chamadas [[tagmata]]. Dispúxoas de maneira que fose máis difícil utilizalas para unha conspiración. Co exército reorganizado, en [[751]] recuperou territorios que estaban en mans árabes, aproveitando a guerra civil entre estes. Tamén derrotou aos [[Bulgaria|búlgaros]] na [[batalla de Anchialus]] en [[763]].
 
Constantino continuou a política [[iconoclasta]] do seu pai León III, perseguindo activamente aos iconódulos e aos mosteiros. En [[753]] convocou un concilio de bispos e clero iconoclasta, un dos concilios máis pequenos xamais reunidos, para proclamar que a veneración de imaxes era unha [[herexía]]. Esta medida resultou moi impopular entre a poboación xeral. En [[766]] perseguiu aos [[monxe]]s e [[monxa]]s iconódulos, obrigándoos a uniren as súas mans no [[Hipódromo de Constantinopla|hipódromo]], mentres as turbas linchaban a un [[eremita]] iconódulo chamado Estevo. Tamén proclamou que o culto ás [[reliquia]]s e aos [[santo]]s era [[herexía|herético]].