Historia de Kíiv: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 7:
 
==A Idade de Ouro da capital do principado==
Con [[Vladimiro I de Kiev|Vladimiro I]] no final do [[século X]] e baseada na puxanza económica da ruta comercial entre o [[Báltico]] e [[Constantinopla]], Kiev comeza a época do seu esplendor coma principal cidade do medievo no leste europeo. O centro da vila no outeiro primitivo expándese considerablemente (a "''Cidade de Vladimiro''", 10Ha <ref> ''A Cidade de Vladimiro resaltada nunha recreación da urbe no s.XII'' [http://primetour.ua/files/Desyatinna2-6.jpg]</ref>) e arrodéase de novas murallas <ref> ''Esquema da extensión de Kiev entre finais do s.X e comezos do s.XI; ibídem nota 1, páx. 98 (361)''</ref>. Máis construcións en pedra e ladrillo son erixidas e, trala conversión ao [[cristianismo]] do gran príncipe no 986 (e con el a poboación en masa nas augas do Dniéper), unha gran igrexa de estilo bizantino, a da Dormición da Virxe (ou dos Décimos, 996 <ref> ''A Igrexa dos Dezmos de Kiev no contexto urbano do medievo: ao fondo, o Podil embaixo a carón do río'' [http://www.hai-nyzhnyk.in.ua/doc2/zobrazennya2/desyatyna.tserkva(1).jpg]</ref>), primeira dunha morea de templos e mosteiros nos séculos seguintes. Preto dela, dous edificios palacianos <ref> ''Plan de Kiev no século XIII; a cidade de Vladimiro do s.X no centro coa Igrexa dos Dezmos (1) e os pazos (2 e 3)'' [http://ukrmap.su/program2009/uh7/Maps/7_15.jpg]</ref>. Embaixo, xunto ao río, o Podil duplica a súa área con poboación inmigrada á florecente cidade. Así, dun complexo organismo fragmentado, froito dunha segregación étnica que foi diluíndose pola progresiva eslavización da elite escandinava, Kiev deviu unha urbe cun centro de poder monumental e fortificado arrodeado de asentamentos abertos, modelo das vilas do Rus e "nai das cidades rusas".
 
O cénit da capital e do principado acadouse co fillo de Vladimiro, [[Iaroslav I o Sabio]] (1019-1054). Fixo unha gran ampliación ao sur (a "''Cidade de Iaroslav''", 60ha <ref> ''Maqueta da Cidade de Iaroslav en Kiev (ao fondo a Cidade de Vladimir)'' [http://shkola.ua/web/uploads/book/70/images/zV1jpLj9.jpg]</ref>). Arrodeada de fortes murallas de seu (3,5km) con impresionantes portas (a principal a Porta de Ouro <ref> ''Ver nota 9: embaixo o recinto da Cidade de Iaroslav con Sta. Sofía (7) e a Porta de Ouro na punta sur.''</ref>) dispoñíase arredor da magnífica catedral de Santa Sofía (1040, de ascendencia bizantina pero ampliando o número de cruxías, fundacional da arquitectura rusa <ref> ''Reconstrución de Sta. Sofía de Kiev no século XI'' [http://faculty.risd.edu/evarshav/KievSophiaReconstrNovitsky.jpg]</ref><ref> ''Alzado do ábside de Sta. Sofía en 1040 e superposto o actual'' [http://www.russia-ukraine-travel.com/image-files/saint-sophia-cathedral-kiev2.jpg]</ref>) escoltada polas igrexas de Sta. Irene e S. Xurxo <ref> ''Ver nota 9: Sta. Irene (8) e San Xurxo (9)''</ref>, ademais de novos pazos e un mercado no extremo sur. Os sucesores de Iaroslav engadiron os apéndices do extremo nordeste, co complexo do mosteiro de San Miguel (1108 <ref> ''Ídem: a Igrexa de S. Miguel de 1108 (11) no recinto do mosteiro''</ref><ref> ''Vista do recinto do Mosteiro de S. Miguel coa igrexa de 1108 destacada; a esquerda as murallas da Cidade de Vladimiro'' [http://www.photoclub.com.ua/_/56149.jpeg?0]</ref>), e do noroeste (Копирів кінець), un dominio residencial fortificado dos príncipes xunto ao barrio xudeu na insegura segunda metade do [[século XII]] <ref> ''Vista da parte occidental de Kiev no século XII (dende o NE): embaixo á dereita, a Igrexa dos Dezmos (45) na Cidade de Vladimir; encima, a Cidade de Iaroslav con Sta. Sofía; á dereita, o barrio xudeu (77) e a espiña fortificada da residencia dos príncipes (76 a 78-79)'' [http://www.oldkyiv.org.ua/data/maps_display.php?source=12&lang=en]</ref>. O Podil embaixo continuou o seu desenvolvemento coma barrio comercial e artesanal dentro dun recinto xeral de fortificacións que chegaban ao río e fora de murallas, nas escarpadas beiras ao longo do Dniéper cara ao sur, foran aparecendo multitude de complexos monásticos (sinaladamente o Pecherska Lavra). O enteiro organismo urbano acadaba entre 350 e 500Ha albergando arredor de 70.000 habitantes (unha das maiores de [[Europa]] nese tempo <ref> ''Esquema en perspectiva do conxunto de Kiev no apoxeo do século XII'' [http://i12.tinypic.com/4hlwdc3.jpg]</ref><ref> ''Recreación do esplendor de Kiev dende o norte: as cidades de Vladimir e Iaroslav no alto; á esquerda embaixo o barrio do Podil arredor da praza do mercado (futura Praza dos Contratos ou Kontraktova Ploscha)'' [http://primetour.ua/~uploads/fck/80bis_thumb.jpg]</ref><ref> ''Esquema de Kiev no medievo cos mosteiros da beira do Dniéper'' [https://archive.is/20120715041655/ukrrus.ho.ua/map/Kyjiv2.jpg]</ref>).