Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Elpiñi (conversa); cambiado á última versión feita por Norrin strange
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 60:
 
== O proceso de Colonización ==
Despois de que os [[francos]] venceran ós musulmáns, a necesidade de defender os pasos ou portos dos [[Pireneos]] convertéranse nunha situación importante da política de [[Carlomagno]]. Construíronse fortificacións e deuse protección ós habitantes das antigas cidades romanas como por exemplo [[Jaca]] e [[GironaXirona]]. Os pasos principais eran Orreaga/Roncesvalles, Somport e Junquera. Carlomagno poboou os condados de [[Pamplona]], [[Aragón]] e [[Barcelona]].
 
O asentamento da poboación cristiá na conca do [[rio Douro]] tivo lugar en dúas fases. Ó norte do río, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], vaise empregar o sistema da ''presa''. Ó sur do Douro, durante os séculos X e [[século XI|XI]] van desenvolverse cidades mediante a doazón de foros, os cales estenderíanse despois cara a outras rexións, e fundamentalmente coa formación de mercados. Os foros eran estatutos que establecían os privilexios e a forma de rexer a unha comunidade, outorgados normalmente polo monarca, aínda que non só por el, á xente que poboaba un pobo. Como resultado, o consello do pobo era dependente do seu señor, converténdose así os foros no sistema máis empregado para poboar Navarra e máis tarde Aragón. O primeiro foro vai ser entregado ó conde [[Ferrán González]] de [[Castrojeriz]] durante a década de [[940]].