Antolín Faraldo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
O pensamento de Faraldo pode resumirse no seguinte parágrafo, extraído da citada proclama de constitución da ''Xunta Provisional de Goberno de Galicia'':
 
{{Cita|Galicia, arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatimientoabatemento. Esta Xunta, amiga sinceirasincera do país, consagrarase constantemente á engrandecer o antigo [[reino de Galicia]], dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo, levantando os cimentos dun porvir de gloria. Para conseguilo esforzarase constantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, decrépita fundada sobre a ignorancia. Espertando o poderoso sentimento de provincialismo, e encamiñando á un só fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará á conquistar Galicia a influencia de que é merecedora, colocándose no alto lugar á que está chamado o antigo reino dos [[suevos]].}}
 
A través das publicacións nas que colaboraba, Faraldo pretendía xerar na mocidade galega da época unha conciencia da problemática galega, e facíao baseándose no engrandecemento da súa [[Historia de Galicia|historia]], sen dúbida influenciado polo nacente espírito [[Romanticismo|romántico]]. Nas súas propias palabras, entendía que ''a medida que Galicia sexa máis coñecida será máis respectada e admirada''.