Pedro I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37:
Casou en 1351 en [[Francia]] e despois en [[Valladolid]] o 3 de xuño de 1353 con [[Branca de Bourbon]] (1339-1361), envelenada en [[Medina Sidonia]], 2ª filla de [[Sabela de Valois]] (1313-1383) (filla de [[Matilde de Chatillon]], condesa de St-Pol e de [[Carlos I de Valois]] e, por tanto neta de [[Filipe III de Francia]] e de [[Sabela de Aragón]]) e de [[Pedro I, duque de Bourbon]] (1312-1356). Era irmá xemelga da Raíña Xoana de Bourbon, esposa de [[Carlos V de Francia]]. Non tiveron descendencia.
 
Branca trouxo unha dote de 300 mil floríns de ouro. O seu séquito, comandado polo vizconde de [[Narbona]], chegou a [[Valladolid]] en 25 de febreiro de 1353, mais Pedro estaba en Torrijos, con María de Padilla, a piques de parir. En 3 de xuño tivo lugar a cerimonia da voda, apadriñada por don Juan Afonso de Albuquerque e Leonor de Aragón. Tres días máis tarde, o rei volveu para Puebla de Montalbán, onde o esperaba María de Padilla. Houbo despois unha reconciliación de breves días en Valladolid, Pedro partiu para Olmedo e non volvería a ver á súa esposa. María de Portugal levou a nora para Tordesillas e despois para Medina del Campo, mais o marido fíxoa encerrar en Arévalo e no alcázar de Toledo. Don Juan Nuñez del Prado e don Juan Afonso de Albuquerque éranlle simpáticos. O partido político adverso a Pedro explotou o traxe de que el, secretamente, mentres Branca vivía, se casou con María de Padilla. Don Beltrán de la Sierra, nuncio do [[papa]], intimou o rei a retomar Branca, así como esixiu súa tía Leonor de Aragón. O rei non obstante a mantivo presa, levándoa de SiguenzaSigüenza para Xerez da Fronteira e para Medina Sidonia e alí ela foi asasinada polo besteiro Xoán Perez de Rebolledo. Con iso alienou Carlos V de Francia, cuxa muller era xemelga de Branca, e deu pretexto á intervención da Francia (du Guesclin) en favor do bastardo [[Henrique de Trastámara]], futuro rei.
 
Casou despois secretamente coa súa amante [[María de Padilla]] (1335- 1361 en Sevilla) - Branca aínda vivía. Era filla de Xoan Garcez de Padilla, en 1355 señor de Villagera, e de Maria de Henestrona. A desgraza do rei foi esta paixón. A amante, de familia nobilísima, tivo del cinco fillos até a peste de 1361, que a levou, semanas despois do asasinato da raíña.