Wenceslao Fernández Flórez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Libros: lig int
Liña 8:
Aínda que de ideoloxía conservadora (seguidor e admirador da política de [[Antonio Maura]]), non escatimou críticas, a veces acerbas, como nas súas obras "El secreto de Barba Azul", ''Las siete columnas'' ou ''El espejo irónico'', a propósito da política e dos políticos do reinado de [[Alfonso XIII]]. Pese a ser condecorado en 1935 coa Banda da República, ó estallar a [[Guerra Civil]] foi inmediatamente obxecto de ameazas de morte, acusado de non mostrarse partidario do Goberno da [[Fronte Popular]]. Fuxindo pois das chamadas [[Milicias de Vigilancia de Retaguardia]], atopou refuxio na Embaixada da [[República Arxentina]] de onde á súa vez, e baixo a invitación do Goberno dos [[Países Baixos]], pasou a encontrar refuxio na Embaixada deste país. Fernández Flórez era en efecto moi apreciado nos Países Baixos polas admirativas descricións que de dito país fixera anos antes no seu libro de viaxes ''La conquista del horizonte''. Baixo a protección da Embaixada de Holanda conseguiu saír para [[Valencia]] en marzo de 1937, como primeiro paso para saír de España. Porén, chegado a Valencia foille denegada a saída de España; produciuse entón un tenso incidente diplomático entre o Goberno de Holanda e o da República, durante o cal e ante a insistencia do Executivo holandés, o mesmo Ministro de Gobernación, [[Julian Zugazagoitia]], consultou co entón Ministro de Defensa, [[Indalecio Prieto]], que lle contestou literalmente "Si valiera mi voto lo emitiría en sentido favorable a las pretensiones del Gobierno holandés. No creo que merezca la pena producir un rozamiento con ese Gobierno..."<ref>{{Cita libro |título= Asilos y canjes durante la Guerra Civil Española|nome= Javier|apelidos= Rubio García-Mina|ligazónautor= |coautores= |ano= 1979|editor= Planeta|localización= Barcelona|isbn= 84-320-0620-3|páxina= |páxinas= |dataacceso=30 de abril de 2012 |url=}}</ref>. Gracias a isto conseguiu saír de España en xullo de 1937. Anos despois ([[1940]]-[[1941]]) Fernández Flórez foi chamado a declarar ante o Consello Sumarísimo aberto contra [[Julián Zugazagoitia]], presentándose a declarar na súa defensa. Ó parecer, a condena a morte e fusilamento de Zugazagoitia (feito que seica tivo lugar antes de que Fernández Flórez se presentara a declarar) produciulle un gran desgusto.
 
Sobre as súas experiencias na Embaixada de Holanda e no Madrid de 1936, escribiría dúas novelas, ''Una isla en el mar rojo'' ([[1938]]) e ''[[Novela Número Trece|La novela número 13]]'' ([[1941]]). En [[1945]] ingresou na [[Real Academia Española]] e en [[1959]] recibiu a [[Cruz de Alfonso X el Sabio]]. En [[1951]] adaptou ''El capitán Veneno'' de [[Pedro Antonio de Alarcón]] para o cine, con dirección de [[Luis Marquina]]. Posteriormente as súas propias obras serían obxecto de numerosas adaptacións cinematográficas, en especial por [[Rafael Gil]] (''El hombre que se quiso matar'', [[1942]] e [[1970]]; ''Huella de luz'', [[1943]]; ''Camarote de lujo'', [[1959]]), así como por outros directores, como [[Jose LuísLuis Cuerda]].
 
==Obra==