Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia antiga: Reino de Macedonia
m arranxiño
Liña 173:
 
=== Alta Idade Media ===
Permaneceu en poder de Roma e logo de [[imperio bizantino|Bizancio]]. En [[654]] foi atacada por Djunada ben Abi Umayya al-Azdi, gobernador de Siria, que construíu alí un forte que conservou sete anos, pero despois recibiu orde de abandonalo ([[661]]). En [[672]] foi temporalmente ocupada polas forzas do califa [[Muawiyah I]] dirixidas outra vez polo xeneral Djunada ben Abi Umayya al-Azdi. Os [[Pobo árabe|árabes]] atoparon os restos do coloso e os fragmentos foron vendidos a un mercader xudeu que usou 900 camelos para transportar as pezas, e fundiu o metal. En [[718]], despois do fracaso árabe en [[Constantinopla]], a illa foi evacuada.
 
En [[1082]] Bizancio concedeu a [[Venecia]] unha base naval comercial en Rodas que garantiu a tranquilidade na zona, ata entón obxecto de depredacións de piratas, e os insulars do Dodecaneso volveron ao mar e á pesca como principal ocupación. En [[1204]], á caída de Constantinopla, Rodas e as demais illas permaneceron baixo o control do emperador establecido en [[Nicea]], que en [[1261]] recuperou a antiga capital. En [[1234]] os venecianos estableceron alí emporios comerciais, pero en [[1248]] foron substituídos polos [[Xénova|xenoveses]] que recibiron o recoñecemento bizantino.