Diferenzas entre revisións de «Hermenexildo Amoedo Carballo»

m
sen resumo de edición
m
{{personalidades en progreso}}
 
'''Hermenegildo Amoedo Carballo''', nado en [[Pontevedra]] o [[10 de abril]] de [[1747]] e finado en [[Mantua]] ([[Italia]]) o [[24 de decembro]] de [[1811]], foi un relixioso e poeta galego.
 
Estudou na [[Compañía de Xesús]] de Pontevedra canda a [[José Francisco de Isla]], e anos máis tarde profesou como xesuíta. Logo da expulsión da orde de [[España]] por parte do rei [[Carlos III de España|Carlos III]] en [[1767]], ambos os dous marcharon a [[Italia]].
 
En [[1787]] publicou en [[Boloña]] a obra ''Carmen patriopatrium sirvesive Pontevedra'' (1787), escrita en [[latín]] en romance con 429 versos [[hendecasílaboendecasílabo]]s<ref>*Alonso Montero, Xesús (1998): "Pontevedra na voz de dous exiliados", artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 21 de agosto de 1998.</ref>. A peza, adicada a [[Sebastián Malvar e Pinto]] (tamén pontevedrés, e [[Arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago de Compostela]]), foi traducida ao galego por [[Xoán Manuel Pintos]] e incluída na súa obra ''[[A gaita gallega (libro)|A gaita gallega]]'' (en [[1853]]). Nesta obra narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano [[1762]] deixándonos unha descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo.
 
Foi preso por non prestar xuramento a [[Xosé Bonaparte]], rei de [[Reino de Nápoles|Nápoles]], como o resto dos xesuítas. Eles segundo as súas normas non poden prestar xuramento de obediencia e ninguén agás ao [[Papa]] e ao xeneral da Compañía. Morreu na cadea de Mantúa.
 
==Notas==
419

edicións