Diferenzas entre revisións de «Acción Gallega»

m (→‎Actividade: lig int)
Nesta primeira etapa o que se pretendeu foi darlle un sentido único ao agrarismo galego escindido en distintas frontes (solidarios, antiforistas, sindicalistas, etc). Deste intento naceu neste mesmo ano de [[1910]], o primeiro bosquexo de partido agrario en Galiza, que se precipita na [[Liga Agrario-Redencionista]], que tivo un fracaso tan significativo coma contundente. Acción Gallega, integrada por homes dun gran prestixio público en Madrid, non pasou de ser nesta primeira formulación, outra cousa que o eco que reforza, coa publicidade dos grandes diarios, a importancia da campaña agraria. Pasado o momento da Liga, probado o fracaso, incluso a revista ''Acción Gallega'' desaparece.
 
No ano 1911 unha serie de acontecementos fan que o movemento se radicalice, e pasa a ser a encarnacionencarnación e consecuencia da biografía de Basilio Álvarez. Basilio era entón abade da freguesía campesiña de [[Beiro, Ourense|Beiro]], inmediata á capital ourensá. Dous acontecementos case simultáneos levárono a este lugar, con potente asociación campesiña e clara inclinación ao [[socialismo]]: a súa dimisión do cargo de director de ''[[El Debate]]'', diario católico, e o asasinato do cura párroco de Beiro. O bispo de Ourense pensou entón en Basilio Álvarez, home de prestixio na cidade das burgas, para esta difícil freguesía. Grazas a este traslado, o novo cura de Beiro puido ter relación co grupo de Acción Gallega destacado en Madrid. Tras isto chegan os anos fortes do movemento, [[1912]]- [[1913]], que rematan ben entrado en [[1914]].
 
En agosto de 1912 aparece o ''"Manifesto de Ourense"'' <ref>Pode consultarse na revista ''Suevia'' nº 4, do 12 de abril de 1913, px. 6 [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=242].</ref>, onde a Liga de Acción Gallega se compromete nunha campaña de mitins, de carácter agrario e societario, a recoller as aspiracións do campesiñado e facerllas chegar ao Goberno. O programa de mitins, dunha radicalidade verbal sen precedentes nas terras galegas, iniciouse no [[O Carballiño|Carballiño]], continuou en [[Ribadavia]], [[Gondomar]], [[Ourense]], [[Bande]], [[A Estrada]], etc. As terras pontevedresas e ourensás na súa meirande parte escoitaron ese ton, abertamente rebelde e ata revolucionario dos oradores de Acción Gallega, e especialmente de Basilio Álvarez, que fixo que en Madrid temesen coa posibilidade dun estalido revolucionario en Galiza. Poetas como [[Ramón Cabanillas]] e [[Noriega Varela]] puxeron versos, e en galego, das imaxes de Basilio Álvarez, cantando á revolución inminente.
 
Inicialmente, a publicación ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' foi o portavoz escrito deste radicalizado movemento agrarista. Pero por mor de dificultades, no período máis acedo da campaña, contou Acción Gallega cun diario, ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en Ourense.
191.962

edicións