4.565
edicións
(Destilación da augardente en galicia) |
m (→Historia) |
||
=== Historia ===
En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional ([[novembro]]) e ambulante. Antigamente o ''augardenteiro'' ia polas aldeas para facerlle a caña ós veciños, acondicionábase un alpendre, e empregábanse achas de leña para facer o lume da pota. O cañeiro podía pasar nun lugar varios días, durmindo amais no cuberto onde se facía a caña; o lume non se podía apagar mentres se estaba a destilar<ref name="alpendre" />.
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha [[denominación de orixe]] que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina [[Augardente de Galicia]] (''Orujo de Galicia'' en castelán; ''orujo'' é como se chama en castelán o [[bagazo]]).
|
edicións