Diñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m →‎Funcións: arranxiños
Liña 26:
O diñeiro está caracterizado pola confianza dos seus usuarios na persistencia do seu valor e a súa capacidade de servir como medio de intercambio. Por tanto, ten dimensións [[socioloxía|sociais]], [[política|políticas]], [[psicoloxía|psicolóxicas]], [[Xustiza|xurídicas]] e [[Economía|económicas]].
 
O diñeiro tivo formas moi diversas ao longo da súa historia: carne de bovino, [[cloruro de sodio|sal]], [[perla|perlas]]s, [[ambre]], [[metal]], [[papel]], etc. Despois dun período moi longo onde o [[ouro]] e a [[prata]] (e outros metais) foron os medios de intercambio preferidos, o diñeiro está agora bastante desmaterializado e circula principalmente de forma escritural ou electrónica.
 
Cada moeda é definida como a moeda dunha determinada zona, normalmente dun [[estado]]. Preséntase en forma de depósitos, billetes de banco e moedas, tamén coñecido como [[divisa|divisas]]. As divisas intercámbianse entre elas no contexto do [[Sistema Monetario Internacional]]. De feito, desde [[1973]] cando as paridades das principais divisas do mundo deixaron de ser defendidas, e xa despois dos ''Acordos de Xamaica'' de [[1976]], as moedas non son calibradas, directa ou indirectamente, polo peso dun metal precioso. Os seus valores flutúan no mercado internacional de divisas, como parte dun sistema de cambio flotante o flexible.