Alma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
 
Aínda que non é moi frecuente, o termo "alma" tamén pode utilizarse referido a calquera ser humano como un todo, obviar o significado relixioso ou filosófico, como nas expresións «non hai nin un alma» ou «cidade de 40.000 almas».
== A alma na filosofía occidental ==
=== Filosofía grega ===
[[Platón]] consideraba ao alma como a dimensión máis importante do ser humano. Ás veces fala dela coma se estivese encarcerada nun corpo, aínda que tal idea tómaa prestada do [[orfismo]].
Segundo o ''Timeo'', a alma estaba composta do idéntico e o diverso, sustancia que o demiurgo usou para crear a alma cósmica e os demais astros; ademais, os deuses inferiores crearon dúas almas mortais: a pasional, que reside no tórax, e a apetitiva, que reside no abdomen. Por encima das dúas estaría a alma racional, que atoparía o seu lugar na cabeza. Algo parecido nárrase no ''Fedro'', onde se expón o mito dos cabalos alados: o [[auriga]] é a alma racional, o cabalo branco representa a parte pasional e o negro a parte dos apetitos (sempre rebelde). A tarefa do auriga é manter o cabalo negro ao mesmo galope que o branco. No ''Fedón'', a alma é vista como unha sustancia que busca desligarse dos límites e conflitos que xorden desde a súa unión co corpo, e que poderá vivir de modo pleno tralo momento da morte; este diálogo ofrece diversos argumentos que buscan probar a [[inmortalidade]] do alma.
 
[[Aristóteles]] definiu a ''[[Psyche]]'' como "forma específica dun corpo natural que en potencia ten vida". (''De Anima'', 412a20.) Tamén a entende como "a esencia de tal tipo de corpo" (412b10). A forma ou esencia é o que fai que un ente sexa o que é. Por isto entendemos que a alma é o que define a un corpo natural. Por exemplo, si o oído fose un animal, a súa alma sería o escoitar e a súa materia o propio órgano do oído. Un oído que non tivese a función de oír sería un oído só de palabra. Neste caso, a alma configura a materia nun corpo natural organizado.
 
Así se forma unha unidade substancial (composta de materia e forma). Alma e corpo non son separables no vivente.
 
A alma é definida tamén polo estagirita como "a entelequia primeira dun corpo natural que en potencia ten vida" (412a26). Con iso indica que a alma é entelequia ou acto primeiro do corpo vivo e alma e corpo están unidas simultáneamente. Pero ao ser a alma o acto pode dicirse que esta ten prioridad sobre o corpo. É primeira non en tempo, pero si en importancia. É a primeira acción de onde xorden as facultades e potencias do vivente.
Aristóteles sinala, finalmente, que poderían darse operacións do alma que non dependesen de corpo algún.
 
A [[dualismo|visión dualista]] que se desprende do platonismo distorsiona a realidade e as consecuencias chegan a un desprezo das realidades físicas, do corpo humano e da sexualidade entre outras cousas. Imaxínase a alma como algo independente, parte do divino e do bo, como unha folla branca metida nun pobre sobre material do cal urxe liberarse. Con todo o monismo aristotélico permite entender ao ser humano como unha unidade conformada de corpo e alma dando o xusto valor ao corpo ao non entendelo como a prisión do alma (como facía Platón), senón como parte esencial do que é o home.
==Notas==
{{listaref}}
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
Liña 28 ⟶ 44:
*[[Reiki]]
 
==Notas==
{{listaref}}
[[Categoría:Relixión]]
[[Categoría:Filosofía]]