Alma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
algo máis desde a wiki es:Alma
→‎Notas: texto traducido desde a wiki es:Alma#Introdución
Liña 12:
 
Na actualidade o termo "alma" é usado, fundamentalmente, polos ideólogos [[Relixión|relixiosos]]{{Cómpre referencia}}.
== Introdución ==
O termo '''alma''' pódese aplicar aos seres vivos en xeral (plantas e animais) como o seu principio constitutivo. Segundo algunhas interpretacións, como a de [[Aristóteles]], a alma incorporaría o principio vital ou esencia interna de cada un deses seres vivos, grazas á cal estes teñen unha determinada identidade, non explicable a partir da realidade material das súas partes.
 
Tamén se usa o termo alma nunha acepción máis particular se se refire aos [[ser humano|seres humanos]]; neste segundo caso, segundo moitas tradicións relixiosas e filosóficas, a alma sería o compoñente espiritual dos seres humanos.
 
No transcurso da historia, o concepto "alma" pasa por diversos intentos de explicación. Desde o dualismo do [[idealismo]] filosófico e da gnosis, á interpretación existencialista dun todo con dous aspectos específicos que son: o material e o inmaterial.
 
Para a [[cristianismo|relixión cristiá]], o home consta de tres partes, que son: corpo (o físico) , alma (o relacionado co emocional) e Espírito (o relacionado co espiritualidade). De acordo á tradición cristiá, a alma é un dos aspectos do ser humano, que o unifica como individuo e lánzao" a actividades que van máis aló do material. Grazas a alma o home é capaz de instintos, sentimentos, emocións, pensamentos e decisións libres, así como de volver sobre se mesmo (auto conciencia).
 
Aínda que non é moi frecuente, o termo "alma" tamén pode utilizarse referido a calquera ser humano como un todo, obviar o significado relixioso ou filosófico, como nas expresións «non hai nin un alma» ou «cidade de 40.000 almas».
 
 
==Notas==
{{listaref}}