Gripe de 1918: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Historia e características: Outros nomes da gripe
Liña 2:
 
== Historia e características ==
Ignórase onde apareceu o [[virus]], pero as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois, polo que tamén se coñece como '''gripe española'''. A razón é que España non participaba na guerra e, polo tanto, non existía [[censura]] previa. De certo, entón descoñecíase que a gripe puidese ser provocada por un virus. Tamén se coñecéuselle polos nomes de "''Soldado de Nápoles''", "''Dama Española''" e "''a enfermidade de moda''"<ref>[http://www.revistahallali.com/2009/07/30/del-%E2%80%9Csoldado-de-napoles%E2%80%9D-a-la-%E2%80%9Cdama-espanola%E2%80%9D-la-pandemia-de-1918/ Revista Hallali]</ref>.
 
Con efecto, na primavera e comezos do verán de [[1918]], a enfermidade estendeuse por ambos os dous lados dos frentes europeos, afectando a [[exército|divisións]] enteiras. Declinou unhas semanas e logo, a finais do verán, rexurdiu moi violentamente. Os doentes sentían [[febre]], [[dor de cabeza]] e dores nas [[articulación (anatomía)|articulacións]]. Curiosamente, moitos eran novos, a quen a gripe apenas afecta. Un 5% das vítimas morreron, algunhas en só dous ou tres días. Os seus [[pulmón]]s revelábanse nas [[autopsia]]s completamente anegados de [[sangue]]; os rostros dos mortos tornábanse de cor violeta.