Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Sen referencias|data=decembro de 2014}}
{{Escritor
|nome = <center>[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|dereita|25px]]</center>''Vicente Aleixandre''
|tamaño_sinatura =
}}
 
'''Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo''' nado en [[Sevilla]] en [[1898]] e finado en [[Madrid]] en [[1984]], foi un poeta [[España|español]], pertencente á [[xeración do 27]] e [[Premio Nobel]] de Literatura [[1977]].
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia burguesa [[Andalucía|andaluza]], pasa a súa infancia en [[Málaga]] e trasládase a Madrid onde estuda dereito e comercio. En [[1917]] coñece a [[Dámaso Alonso]], que o inicia na poesía e o pon en contacto coa obra de [[Rubén Darío]], [[Antonio Machado]] e [[Juan Ramón Jiménez]]. Entre [[1920]] e [[1922]] foi profesor de dereito mercantil na Escola de Comercio. En 1925 diagnostícaselle unha nefrite tuberculosa e observa un longo período de descanso e illamento, que aproveitará para ler a poesía de [[San Xoán da Cruz]], [[Frei Luis de León]] e [[Luis de Góngora]]. En [[1926]] publica os seus primeiros poemas na ''Revista de Occidente''. Nos anos trinta o poeta coñece a Andrés Acero e ambos os dous comezan unha intensa relación amorosa que será interrompida polo exilio a México de Andrés após a Guerra Civil. En palabras de Molina Foix, “Vicente Aleixandre era moi pudoroso da súa condición homosexual polo dano que puidese facer á súa familia, sobre todo á súa irmá, pero a min díxome que cando morrese, non lle importaría que se soubese toda a verdade; na realidade consideraba que non era ningunha deshonra”. A pesar da súa ideoloxía de esquerdas trala [[guerra civil española]] permanece en España, aínda que por un tempo non se lle permite publicar.
 
== Obra poética ==
No seu primeiro libro, ''Ámbito'' (1928), predomina o verso asonantado e a estética da poesía pura ao estilo de Juan Ramón Jiménez. Nos seus seguintes libros, inspirado polos precursores do [[surrealismo]], en especial [[Arthur Rimbaud]] e [[Conde de Lautréamont|Lautréamont]] adopta o poema en prosa (''Pasión de la tierra'', 1935) e o [[verso libre]] (''Espadas como labios'', 1932; ''La destrucción o el amor'', 1933; ''Sombra del paraíso'', 1944), cunha estétitaestética irracionalista e na expresión achégase á escrita automática.
 
Trala guerra achégase á poesía social, cun estilo máis sinxelo, dúas son as obras máis importantes deste período ''Historia del corazón'' (1954) e ''En un vasto dominio'' (1962).
 
Na poesía dos últimos anos volve ao irracionalismo xuvenil, aínda que máis depurado e sereno.
 
 
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Aleixandre,Vicente}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá|Aleixandre, Vicente]]
[[Categoría:Escritores de España|Aleixandre, Vicente]]
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura|Aleixandre, Vicente]]
[[Categoría:Poetas en lingua castelá|Aleixandre, Vicente]]
[[Categoría:Nados en Sevilla]]
[[Categoría:Nados en 1898]]
168.505

edicións