Pedro Fernández de Andrade II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
Liña 54:
 
===Pedro Padrón===
Foi [[Pedro Padrón]] procurador do Concello da vila de Ferrol, que fora nomeado polos seus veciños para protestar perante o rei Xoán II polas continuas aldraxes ás que os tiña sometidos o señor de Andrade. Con tal intención presentouse Pedro Padrón en [[Zamora, España|Zamora]] o 18 de xaneiro de [[1432]], onde estaba daquela Xoán II, o cal non o quixo recibir. Trantando de evitar que a súa viaxe non fose estéril, solicitou a presenza dun escribano e un notario para que recollesen por escrito as súas protestas e demandas. Neste escrito de protesta invocaba ata cinco foros de reis anteriores onde se recoñecían ou ratificaban á vila de Ferrol unha serie de dereitos como o de gobernarense por si mesmos, polo cal reclamaban a nulidade do nomeamento dos señores de Andrade como señores de Ferrol.
 
Algún efecto debeu ter esta protesta xa que non se confirmou a Pedro Fernández de Andrade no señorío da terra ferrolá, se ben os seus descendentes recuperaríanno. Así en 1440, nun foro outorgado polos frades de Montefaro, Fernán Pérez de Andrade, o Mozo, asina como titor da súa sobriña dona María de Andrade, ''señora das vilas de Pontedeume, Ferrol e Vilalba''. E o 9 de xullo de [[1442]], xa morta María de Andrade, o rei Xoán II confirmaría a Fernán Pérez o Mozo no señorío de Ferrol.