Arcenillas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Zamora» pola categoría «Concellos da provincia de Zamora».
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
Liña 27:
 
==Historia==
A fundación da vila poderíase remontar ao século XII. Aparece citado por primeira vez nun documento do Arquivo Diocesano de Zamora do ano 1254 co nome de Arcinielas. O seu contido relata a permuta dunhas terras que o Bispo de [[Zamora, España|Zamora]] Pedro I realiza con Monio Sánchez, dándolle unha terra que din de Santiago en Arcenillas, outra na veiga entre Moraleja e Arcenillas, e outra máis "á vez do pedazo de Pedro de Galego"; mentres que o Bispo recibe unha terra que chaman "As Mangas" na estrada de Villaralvino (enténdase Villaralbo), ademais de dúas terras que que saen á Lagoa e outra no Peso. Todos estes topónimos mantéñense na actualidade. Ademais de en outros tantos documentos do anterior Arquivo, o nome de Arcinielas aparece nas diversas versións conservadas do Foro de Zamora.
 
Nos séculos XV e XVI a principal industria e foco de desenvolvemento do pobo foi a fabricación de panos, estando asentados no pobo varios xastres, pelaires e tundidores. Por aquel entón, Arcenillas contaba máis de 500 habitantes, cifra que baixou nos séculos posteriores pola decadencia do negocio dos panos e polas crises demográficas debidas a epidemias.