Diocese católica latina de Astorga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
Liña 24:
 
===No reino suevo===
No [[século VI]] o territorio asturicense está comprendido dentro do [[Reino Suevo]]. O [[Parochiale suevorum]] un documento que mostra a organización eclesiástica do territorio desa monarquía, menciona a diocese asturicense xunto con outras da Gallaecia. Asigna a Astorga un territorio en parte diferente do que administraría a partir da [[Alta Idade Media]]: ''Ad Asturicensem sedem ipsa Astorica: Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Francelos, Pesicos'', pois inclúe na diocese as igrexas de [[León, España|León]] (''Legio''), [[Zamora, España|Zamora]] (''Senimure'') ou mesmo territorios asturianos, como [[Pesgos]] (''Pesicos''). Mais non lle atribúe nengunha igrexa no que hoxe é o territorio histórico da Galiza, pois unha parte están indicados para o bispado de [[Diocese de Ourense|Ourense]], así [[Comarca de Trives|Trives]] (''Teporos'') ou Valdeorras (''Geurros''), á que aínda lle asigna a [[Seabra]] (''Senabria''). O territorio de [[Comarca de Quiroga|Quiroga]] (''Carioca'') está, no Parroquial, asignada a [[Diocese de Lugo|Lugo]].
 
No [[século VIII]], Astorga foi incluída no territorio dominado polos árabes. Houbo que esperar até [[Afonso III de Asturias|Afonso III]] para que pasase de novo a mans cristiáns. Porén o territorio da diocese tardou máis en reorganizarse.
 
===Restauración medieval===
Ha que agardar até o ano [[934]] para que o rei [[Ramiro II de León|Ramiro II]] faga a chamada ''Restitución da Igrexa Asturicense''. O monarca convoca un concello de bispos e relixiosos xunto con [[magnate]]s laicos, que asinan, o [[17 de xaneiro]], un documento no cal se indican as igrexas que se atribúen agora á diocese astorgana: en terras de [[Bragança]] seguindo o [[río Tuela]] ata confluír co [[río Douro|Douro]], de aí cara a [[Zamora, España|Zamora]], incluíndo [[Aliste]] e [[Sanabria]], [[Trives]], [[Castro Caldelas|Caldelas]], [[O Courel]] e [[Quiroga]] e máis [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]] integramente, engadindo algo máis abaixo as igrexas de Toro (''in Bergantia per illum riuulum qui dicitur Tuela, et discurrit dum intrat in Dorio contra Zamora ad partem Orientis, et intus Alisti et Senabria, Tribes, Caldellas, Caurille et Quiroga, et Iurres ab omni integritate [...] tornamus ad ciuitatem Astoricensem eclesias de Campo Tauro''). O texto, que sufre sospeitas de autenticidade, non cita as actuais comarcas do [[O Bolo|Bolo]] e [[Comarca de Viana|Viana]], porque seguramente estaba incluída nos territorios de Trives e do Valdeorras, e que si aparecen como ''Roboreta'' = [[Robleda]], nun documento confirmatorio e que, de paso, autentifica dubidosos acordos anteriores, debido ao rei [[Ordoño II]] do ano [[956]]). A reconstrución efectuada agora acomodaba a diocese astorgana, pola súa banda occidental, aos límites do antigo [[convento asturicense]] romano, que foi o que a corte debeu ter en mente para restaurar a diocese, aínda que resultase imposíbel retornarlle outros territorios que a compuxeran, nos que agora había xa outras sés con as correspondentes terras, como [[Oviedo]] ou [[León, España|León]].
 
==Lista de bispos asturicenses==
Liña 106:
*García Alvarez de Toledo (1463-1488) (foi tamén bispo de [[Badaxoz]])
*Juan Ruiz de Medina (1489-1493) (foi tamén bispo de [[Badaxoz]])
*[[Diego Meléndez Valdés]] (1493-1494) (logo bispo de [[Salamanca]] e de [[Zamora, España|Zamora]])
*[[Juan de Castilla (bispo)|Juan de Castilla]] (1494-1498) (logo bispo de [[Salamanca]])
*[[Diego Ramirez Villaescusa]] (1498-1500) (foi tamén bispo de [[Málaga]])