Mahabharata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
* [[Iudishtira]] é o maior dos cinco irmáns Pándavas, fillo da raíña [[Kunti]] (esposa de [[Pandu|Pandú]]) con [[Dharmaraja|Dharmarash]] (o 'rei da relixión', tamén coñecido como Iamarash, o 'rei da prohibición'). Iudishtira é comúnmente coñecido na India como un modelo de integridade, xa que nunca dixera unha mentira na súa vida e así obtivera poderes místicos. Participou nunha estrataxema ideada para matar a Drona, o mestre de armas dos cinco Pándavas. Mataron a un [[elefante]] co mesmo nome que o fillo do mestre Drona. Entón Iudishtira achegouse ao seu mestre e dixo: «Ashwattama (o elefante) morreu». Drona deixou caer as súas armas e foi asasinado polos irmáns Pándavas. Nese momento a [[cuadriga]] de Iudishtira -que debido á súa virtude ata ese momento flotara a uns centímetros do piso (o que enchía de espanto ao exército inimigo)-, inmediatamente tocou terra.
* Bhima é un dos cinco irmáns Pándavas cuxa forza, tamaño, e lealtade son lendarios.
* [[Arjuna]] ([[cognado]] do latín ''argentum:'' 'plateadoprateado'), fillo de [[Kuntí]] co deus [[Indra]], o mellor amigo do deus [[Krisná]] (quen finalmente faille gañar a [[guerra de Kurukshetra]] por medios non-santos).
* [[Nakula]] e [[Sahádev|Sajádeva]] son os fillos xemelgos de [[Madri]] (a segunda esposa do rei Pandú) cos [[Asuini-kumaras]] (os médicos dos deuses).
* Unha das historias máis conmovedoras do ''Majábharata'' é a de [[Karna]] ('orella'), fillo da raíña Kuntí con [[Surya (divos)|Suria]] (o deus do sol), era un nobre guerreiro de quen ninguén sabía que era o irmán maior dos cinco Pándavas. Os seus inmensos poderes falláronlle durante a batalla porque el mentira, algúns anos antes, ao seu [[gurú|guru]] sobre quen era el.
* O «avó» [[Bhishmá]] era o nobilísimo tío avó de todos os guerreiros principais (que eran primos entre eles). El renunciara ao seu reino e fíxose célibe polo amor do seu pai cara a unha pescadora. (Ela quixo que o seu fillo co rei fose o príncipe herdeiro, polo que Bhismá tivo que xurar non ter fillos toda a súa vida). Por este acto de renuncia obtivo a bendición dos deuses para elixir o momento da súa morte. El terminou por morrer sobre unha cama de [[frechaseta|frechas]]s postas por Áryuna, o seu neto máis amado (quen lle preguntou a noite anterior como podía facer para matalo, xa que nunca poderían gañar a guerra en presenza do avó).
 
[[Ficheiro:Ravi Varma-Draupadi and Simhika.jpg|miniatura|180px|Simhika aparece no texto ''(atta katha)'' [[Lingua malaia|malaio]] da obra de teatro ''[[kathakali]]'' chamada ''Kirmira Vadham'', de [[Kottayam Tampuran]] (século XVII). Presenta dous personaxes que non aparecían no ''Majábharata'': un ''[[rakshasa]]'' chamado [[S?rdd?a|Sardula]] e a súa esposa a monstrua [[Simhika|Símjika]]. Áryuna mata a Sardula. Para vingarse, Símjika transfórmase nunha nova ''(lalita)'' -de vestido negro neste cadro- e quérelle mostrar a Draupadi un templo de Durga no bosque (para raptala e levarlla ao seu outro irmán [[Kirmira]]). Draupadi sospeita a trampa e négase. Símjika adopta a súa forma orixinal e arrastra a Draupadi. Ao escoitar os seus gritos, [[Sahadev|Sajádeva]] intervén e córtalle os peitos e o nariz á atacante. Kirmira e Bhima chegan á escena e Bhima mata a Kirmira.]]