Samesugas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{Grupo musical
| nome = Samesugas
| xp = rock
| imaxe =
| lenda =
Liña 13 ⟶ 14:
| web =
}}
 
'''Samesugas''' é un grupo galego formado na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]] no ano [[1999]]. Está constituído por antigos formantes doutros grupos como os [[Fame Neghra]] e [[Dirty Barriguitas]]. Practican [[rock and roll]] con son [[garage]] en [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Lingua galega|galego]]. A súa discografía até o ano [[2006]] estaba formada basicamente por singles e EP's, porén conseguiron chegar a ser coñecidos internacionalmente, e mesmo foron seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a [[Turbonegro]] en [[2002]], no que participan cunha versión en [[Lingua galega|galego]] da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editaron un vinilo titulado ''Machine in your brain'', que foi reeditado en CD en [[2006]]. No ano [[2003]] fixeron unha xira por [[Finlandia]]. O seu primeiro traballo longo foi ''Alá vai!'', no ano [[2007]]. Nese mesmo ano versionaron para [[Manifesto Dobarrista]], o disco colectivo tributo a [[Andrés do Barro]], a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con [[The Homens]], unha banda amiga coa que comparten comezos, sacaron en vinilo o EP conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos os grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.