Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

m
Arranxiño
m (Arranxiño)
[[Ficheiro:Jacques-Louis_David_007.jpg|miniatura|''Napoleón cruzando os Alpes'', obra de Jacques-Louis David.]]
 
Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio: ''Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?''. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmente [[Emmanuel Joseph Sieyès]] e [[Roger Ducos]]. [[Fouché]] como xefe de orde pública e [[Talleyrand]] en Asuntos Exteriores serán, nembargantesnon obstante, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
 
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán [[Cambecérès]], un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e [[Lebrun]] experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas [[Tullerías]] e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
10.397

edicións