Fidel Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Oilisab (conversa | contribucións)
Liña 74:
Ten 26 anos cando propón a súa candidatura ás eleccións lexislativas que Batista debía cancelar. Encarcerado en outubro de 1953 na illa dos Pinos despois do ataque ao cuartel da Moncada, Castro tivo todo o lecer de meditar sobre os escritos de [[José Marti]], o heroe da independencia cubana.
 
Grazas a unha amnistía xeral concedida polo ditador Batista, nun xesto destinado a mellorar a súa imaxe, Castro só purgou once meses de encerro. Exíliase entón en México onde vai a preparar o seu regreso a Cuba e reiniciar a revolución. En decembro de 1956 a bordo dun pequeno buque, o ''Granma'' (''Avoa'', en galego), con 81 camaradas, entre eles o seu irmán [[Raúl Castro|Raúl]] e o arxentino Ernesto [[Che Guevara]], para intentar derrocar a Batista.
[[Ficheiro:M-26-7.svg|miniatura|250px|Bandeira do ''[[Movimiento 26 de Julio]]'' creado en [[1955]] por un grupo de nacionalistas [[cubano]]s entre os que se destacaba Fidel Castro]]
O desembarco foi segundo as palabras do ''Che'': « un verdadeiro naufraxio » e soamente un puñado de homes puido poñerse a salvo cos irmáns Castro e o ''Che'' para refuxiarse nas montañas da [[Sierra Mestra]]. A loita, na forma de guerrillas, permaneceu moito tempo ocultada polo réxime, pero en febreiro de 1957, un xornalista americano famoso do '' New York Times'', Herbert Matthews, chegou a entrevistarse cos rebeldes na montaña e publicou unha serie de artigos sobre esta loita. Da noite á mañá, o mundo apaixonouse par estes novos «heroes» e a ditadura comezou a perder o seu apoio internacional, en particular, nos Estados Unidos.