Historia do Sáhara Occidental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 6:
En [[1884]] coa expedición de [[Emilio Bonelli]] e a fundación de [[Dakhla|Villacisneros]] comezou a ocupación do territorio por [[España]] que proclamou oficialmente o proctetorado de Río de Oro o [[26 de decembro]] de [[1884]]. En [[1886]] [[José Álvarez Pérez]] e [[Julio Cervera]] exploraron o territorio, malia iso a influencia española non chega máis alá de Villa Cisneros.
 
En 1904 coa chegada de [[Francisco Bens]], gobernador político-militar, reactívase a colonización do territorio, tenta atraerse á poboación nativa e en 1907 pasou a Aargub, ao outro lado da baía de Villacisneros, en 1910 realizou unha expedición ata Atar, xa en [[Mauritania]]. En 1916 os españois ocuparon [[Cabo Juby]] e en 1920 La Güera. Ata 1934 España só controla tres zonas costeiras, mentres o interior permanece baixo o control das diferentes tribos saharaius. En 1934 os españois ocupan [[Daora]] e [[Smara]]. Durante a [[Guerra Civil española]] o territorio adquire interese político-militar e foméntase o control efectivo do interior. En [[1938]] fundouse [[ElO Aaiún]].
 
A medida que avanza a colonización a sociedade saharaui sofre unha profunda transformación, desaparecen as distincións entre as tribos guerreiras e as tributarias, todas pasan a depender da autoridade colonial, foméntase a incorporación ao exército español entre a poboación nativa, as organizacións políticas tradicionais como a yemaa e os chiuj perden as súas atribucións orixinais. A colonización española transformou tamén a economía local cos chegada de españois ás cidades e como parte das forzas armadas e polo comezo da industrialización logo do descubrimento das minas de [[fósfato]] de Bu Cra en 1963 que levará a sedentarización da poboación e que en 1974 só o 17% da poboación fora nómade.
Liña 16:
En 1975 a [[ONU]] envía ao Sáhara Occidental unha misión de visita que debía informar á [[Corte Interncional de Xustiza]]. A misión estaba presidida por [[Simeon Aké]], embaixador de Costa de Marfil na ONU, e a Fronte Polisario amosou a súa forza nas rúas cando a misión chegou ao Sáhara o [[12 de maio]]. No informe que a a misión deu a coñecer o [[15 de outubro]] manifesta que a maioría da poboación está a favor da independencia e recoñeceu á Fronte Polisario como a forza política dominante no territorio.
 
Logo de coñecerse o informe o rei [[Hassán II]] de Marrocos anunciou a realización dunha marcha civil, [[Marcha Verde]], para a incorporación do Sáhara a Marrocos, na marcha participaron 350.000 persoas, que o [[5 de novembro]] chegan a [[Agadir]], dispostos a cruzar a fronteira e o día seguinte as primeiras columnas cruzan a fronteira, que se deteñen nas inmediacións dos primeiros postos de militares españois, a 10 km da fronteira. O [[9 de novembro]] tras conversas coas autoridades españolas, Hassán II ordena o repregamento da marcha, deixando o territorio español o día [[10 de novembro|10]]. Tras os acordos de Madrid, que dividían o Sáhara español entre Marrocos e Mauritania, España retirou as súas forzas do Sáhara o [[14 de novembro]] de [[1975]], estableceuse unha administración tripartita na que formaban parte Marrocos e Mauritania, por medio de dous gobernadores que auxiliaban ao gobernador xeral, nomeado por España. As tropas marroquís entran en [[Smara]] o [[28 de novembro]] e en Elno Aaiún o [[11 de decembro]], as forzas mauritanas ocupan La Güera e Tichla despois de fortes enfrontamentos coa Fronte Polisario. En xaneiro os marroquís bombardean os refuxiados saharauís en Guelta e Tifariti, Um Dreiga. O [[26 de febreiro]] de 1976 finalizou formalmente o mandato de España sobre o territorio e a Fronte Polisario proclamou a [[República Árabe Saharauí Democrática]] ao día seguinte ao non recoñecer a entrega a Marrocos e Mauritania.
 
Coa marcha española aproximadamente 20.000 militares e 17.500 civís marcharon do Sáhara cara España, arredor de 25.000 marroquís entraron nun primeiro momento no Sáhara e 6.000 militares mauritanos, ao tempo que miles de saharauís marchan cara as zonas controladas pola Fronte Polisario.