Xenocidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 73 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q41397
mSen resumo de edición
Liña 26:
 
== Controversia sobre o alcance do concepto ==
Debateuse moito sobre o sentido e alcance da palabra ''xenocidio''. Non se trata de algo relacionado coa guerra, pois, segundo [[Karl von Clausewitz]], a fin da [[guerra]] é desarmar ao inimigo, non exterminalo. O xenocidio ou asasinato en masa tamén se diferenciadiferenza do [[asasinato]] en serie, que consiste no asasinato sucesivo e periódico de persoas illadas, mentres que o xenocidio é "''unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros''", de acordo coa [[Asemblea Xeral de Nacións Unidas]]. O xenocidio ten, neste sentido, un carácter masivo, polo que con frecuencia necesita da colaboración efectiva dunha estrutura social.
 
Algunhas das críticas ao alcance do concepto de xenocidio céntranse no feito de que non se considere como tal máis que os actos realizados contra grupos nacionais, étnicos, raciais e relixiosos, e non os realizados por outros motivos, como os sociais ou políticos. Aínda que o borrador inicial da [[Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio]] contemplaba e estendía a definición de xenocidio a estas matanzas, posteriormente eliminouse a referencia ante a necesidade de contar co apoio do bloque comunista (representado maioritariamente pola [[URSS]]), que obxectou esta acepción.