Baíña, Baiona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de Regato das Tres Regueiras (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Liña 12:
'''Santa Mariña de Baíña''' é unha parroquia do concello de [[Baiona]]. Limita coas parroquias de [[Belesar, Baiona|Belesar]], [[Baredo]], [[Santa Cristina da Ramallosa]] e [[Baiona, Baiona|Baiona]] e pertence á comarca do [[Val Miñor]].
 
Tiña 1.745 veciños en 2013 e os seus lugares máis destacados son: [[O Burgo, Baíña, Baiona|O Burgo]] (520), [[O Cruceiro, Baíña, Baiona|O Cruceiro]] (181), [[Os Eidos, Baíña, Baiona|Os Eidos]] (150), [[As Fontes, Baíña, Baiona|As Fontes]] (228), [[A Igrexa, Baíña, Baiona|A Igrexa]] (113), [[As Laxes, Baíña, Baiona|As Laxes]] (448), [[O Río, Baíña, Baiona|O Río]] (98) e [[San Cosme, Baíña, Baiona|San Cosme]] (7). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, [[Almirante Fontán, Baíña, Baiona|Almirante Fontán]] e [[Santa Marta, Baíña, Baiona|Santa Marta]].
 
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Baiona, Santa Marta.JPG|miniatura|Capela de Santa Marta.]]
Existen [[petróglifo]]s en puntos moi diversos, algúns obsérvanse a simple vista, como os do [[Outeiro dos Lameiros]] e os da ermida de Santa Marta. Moitos outros atópanse semienterrados e non divulgados para os protexer dos estragos humanos. Tamén se conservan os restos dunha [[calzada romana]] e restos dun [[Castro de Santa Marta|poboado castrexo]] na [[península de Santa Marta]].
 
O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como ''Vayna''. Pertenceu ao [[mosteiro de Oia]] até [[1482]], e daquela agregouna a Baiona o [[diocese de Tui|bispo de Tui]] [[Diego de Muros I|Diego de Muros]].