Surrealismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
mSen resumo de edición
Liña 14:
== Primeiros pasos ==
[[Ficheiro:André Breton 1924.jpg|miniatura|esquerda|[[André Breton]], teórico do Surrealismo.]]
Historicamente, o surrealismo xorde como unha resposta dialéctica á destrución estéril preconizada polos [[dadaísmo|dadaístas]]. En [[1922]] [[André Breton|Breton]] e [[Francis Picabia|Picabia]], que participaran intensamente na axitación [[Dadá]], se desmarcan do seu líder, [[Tristan Tzara|Tzara]], decepcionados duns actos de provocación que co tempo foron volvéndose previsibles e mecánicos. O rexeitamento sen matices de Tzara a toda a arte anterior ás vangardas vai deixar paso a unha recuperación crítica do que houbo de máxico e rebelde nel, reivindicando a autores como [[Donatien Alphonse François de Sade|Sade]], [[conde de Lautréamont|Lautréamont]], [[Heráclito]] e [[Rimbaud]]. Breton definirá o novo movemento como "a cola prénsil do romanticismo".
 
Dende o principio, o surrealismo singularízase entre os ismos vangardistas polo valor que outorga ó irracional e inconsciente como elementos esenciais da arte. O órgano portavoz do movemento foi a revista ''Litterature'', fundada en [[1919]] e dirixida por un grupo de poetas ([[André Breton|Breton]], [[Philippe Soupault|Soupault]], [[Louis Aragon|Aragon]] e [[Paul Éluard|Éluard]]). En homenaxe a [[Guillaume Apollinaire|Apollinaire]], estes poetas adoptaron a palabra ''surrealismo'' para definir un método de escritura simultánea co que estaban experimentando: