Conde de Lautréamont: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12:
|notas = Inlui notablemente ao [[Surrealismo|movemento surrealista]]
}}
Isidore Lucien Ducasse ([[Montevideo]], 4 de abril de [[1846]]-[[París]], 24 de novembro de [[1870]]), alcumado coma o Conde de Lautréamont (''Comte de Lautréamont'' en lingua francesa), foi un poeta francés de orixe [[Uruguai|uruguaia]] adherido ao movemento [[simbolismo|simbolista]]. A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento [[surrealismo|surrealista]] considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma [[poeta maldito]]. O seu estilo de vida apartado e a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen descoñecidosagochados a día de hoxe.
 
== Biografía ==
Fillo dun diplomático francés designado en Montevideo. A súa nai, tamén francesa, morrería cando el tiña só un ano. Educouse en [[Uruguai]] ata que cumpliu trece anos, ano no que foi enviado polo seu pai á cidade de [[Pau]], Francia, onde se destacaría coma bo alumno no ''lycée'' de [[Tarbes]].
 
Despois dunha viaxe a Urugai en [[1867]], instalaríase en [[París]]. Emprendería alí na Escola Politécnica uns estudos superiores de natureza aínda descoñecida. Publicaría unha primeira edición dos seus ''[[Cantos de Maldoror]]'' en [[1868]] de xeito anónimo. No ano [[1869]] unha segunda edición dos mesmos cantos aumentaríao, tomando a forma coa que se o coñece na actualidade; esta vez firmaría co alcume de Comte de Lautréamont, seudónimo quizais imspiradoinspirado pola novela histórica ''Lautréaumont'' do escritor [[Eugène Sue]]. Tamén existe a posibilidade de que proveña dun xogo de palabras, L'autre est au mont → Lautréamont (xogo que expresaría a súa morriña por Montevideo, o outro está no Monte...).
 
Lautréamont non acadaría fama, cousa difícil posto que se cre que o seu editor publicou adrede tiradas moi pequenas polo medo a unha denuncia por [[sadomasoquismo]] ou [[herexía]], comúns dabondo no reinado do Emperador [[Napoleón III]]. Finaría o 24 de novembro de 1870 por unha posible [[tuberculose]], segundo os seus biógrafos.
 
== Obra ==
 
Os seus ''[[Cantos de Maldoror]]'' representa un dos grandes berces da poesía moderna. A súa complexidade, as súas múltiples interpretacións e a súa imaxe que mestura elementos da vida cotiá con elementos abstractos de eidos filosóficos influirían notablemente a [[André Breton|Breton]], e con este ao [[surrealismo]] en xeral.
 
Mesmo o significado do título da obra presenta un gran interrogante posto que se barallan dúas interpetacións que seica non convencen moito á crítica especializada:
*Mal do horror: Mal d'herreur en francés, que daría Maldoreur, xogándose cunha grafía [[Homofonía|homófona]] Maldoror.
*Mal da aurora: Mal d'aurore en francés, que daría Maldoreur, e, xogándose cunha grafía [[Homofonía|homófona]] de novo, a Maldoror.
 
O poema trata da presentación en primeira persoa dunha especie de demo maligno que disfruta cometendo asasinatos e torturas infanticidas, entre outros horrores dos que presume. Poderíase tratar dunha interpretación lírica das sensacións do [[adolescente]] rechazado cara ao seu mundo, sendo esta unha das teorías predilectas.
 
== Bibliografía ==