Enclave: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 36:
==Enclave en Cultura==
En [[cultura]] enténdese por '''enclave''' o conxunto de actividades literarias desenvolvidas nun espazo social que, aínda que está situado nunha localización xeográfica distinta, está vinculado a outro que actúa como [[metrópole]], pertencendo ambos a un mesmo sistema literario e cultural<ref>Torres Feijó, E. J. (2004): “Contributos sobre o objecto de estudo e metodologia sistémica. Sistemas literários e literaturas nacionais”, in Anxo Abuín e Anxo Tarrío (coords.): ''Bases Metodolóxicas para unha Historia Comparada das Literaturas da Península Ibérica''. Santiago de Compostela, USC, pp. 423-444.</ref>.
O teórico estoniano Naftoli Bassel<ref>Bassel, N. (1991), “National Literary and Interliterary System”, ''Poetics Today'', 12 (4), pp. 773-779.</ref> empregou o termo enclave nun sentido máis amplo do habitual baixo as perspectivas da xeopolítica e a sociolingüística, considerando como enclave calquera territorio illado no interior dun espazo xeográfico máis amplo co que non comparte características identitarias esenciais de carácter étnico, lingüístico, social, económico ou cultural. A procedencia deste tipo de enclaves pode variar. Así, poden proceder de situacións coloniais ou estar vinculados a cambios de fronteiras ou soberanía territorial. Ademais, Bassel estende o emprego deste termo ás minorías nacionais que se atopan nun territorio alleo por razóns de tipo migratorio ou pola permanencia de grupos en territorios propios que perderon a súa antiga soberanía ou autonomía. Cómpre sinalar, por outra parte, que Bassel considera que a lingua de orixe (a do enclave) e a contextual (a do territorio que rodea o enclave) son diferentes.
|