Retorno a Tagen Ata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{literatura en progreso}} (aumentareino estes días)
 
Sen resumo de edición
Liña 30:
==Trama==
{{spoiler}}
A obra comeza coa chegada a Tagen Ata de Rotbaf Luden, unha moza de vinte e tres anos que vén da illa de Anatí, para entrevistarse con Ulm Roan, un personaxe misterioso, como delegada da ITA. É filla de emigrantes (Anatí podería ser [[Cuba]]), vive no exilio e milita na resistencia. Ten unha visión idealizada de Tagen Ata. Este país está sometido por Terra Ancha.
 
Rotbaf ten unha visión idealizada que realmente non se correspondía co que pasaba, en parte polo retardo na comunicación, pois as cartas podían tardar moito tempo en chegar. Ao coñecer a Ulm perde a [[virxindade]] con el (sacrificio ritual), pero leva unha grande decepción en todos os sentidos, e logo de matalo ([[morte do pai]]) fuxe ao bosque, que controlan os rebeldes. A relación entre eles ten un punto moi interesante de [[psicanálise]], dentro do ciclo de iniciación sentimental das novelas da década de 1970, de rebelión contra os valores herdados e impostos.
 
==Narración==
A obra foi escrita mentres o autor estaba preso no [[cárcere]] de El Dueso ([[Cantabria]]), logo de tempo sen escribir.
 
Saíu publicado na colección O Moucho de Edicións Castrelos, polo que foi un relato popular e sen requintes. Definiuno como un panfleto literario, non político, dado a ler como trasunto da historia de Galicia e alegoría das nacións sen estado ([[Irlanda]] ou [[País Vasco]]). A trama podería ter certos paralelismos coa escisión de [[ETA]] do [[PNV]] ou [[IRA]]/[[Sinn Fein]]. É, xa que logo, unha crónica novelada da ruptura de Ferrín co galeguismo máis posibilista e a toma de partida cun nacionalismo máis radical.
 
Hai personaxes que xa apareceran en ''[[Arrabaldo do norte]]'' (1964), como Natalia Orsen e o Doutor. Amais reaparece Percival (de ''[[Percival e outras historias]]'') como líder mítico da resistencia.
 
[[Categoría:Obras narrativas en galego]]