Hematoxilina: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 41:
}}
[[Ficheiro:Haematein.png|miniatura|200px|dereita|[[Haemateína]].]]
A '''hematoxilina''' (CI 75290) é un composto que se extrae da [[cerna]] ou durame da madeira da árbore pau de Campeche (''[[Haematoxylum campechianum]]'').<ref>Cooksey C. (2010) Hematoxylin and related compounds - an annotated bibliography concerning their origin, properties, chemistry and certain applications. Biotechnic & Histochemistry 85(1): 65-82. PMID 19568968</ref> A hematoxilina é un composto básico/positivo que se une e forma sales con compostos ácidos (basofílicos) que conteñen cargas negativas (por exemplo o [[ADN]] ou [[ARN]], que son ácidos/negativos debido aos fosfatos cargados negativamente que conteñen) e tíngueos de azul escuro ou violeta. A hematoxilina e a [[eosina]] adoitan aplicarse conxuntamente na que se denomina [[tinguidura de hematoxilina-eosina]] ou tinguidura HE, que é unha das máis utilizadas en [[histoloxía]]. Este tipo de tinguidura é permanente, a diferenza doutras tinguiduras que son temporais (como o [[lugol]]). Outra tinguidura común con hematoxilina é a [[Método da hematoxilina ácida fosfotúngstica|hematoxilina
A inicios da década de 1970 e posteriormente en 2008, houbo escasez de hematoxilina debido a interrupcións na extracción da madeira do [[pau de Campeche]].<ref>Dapson R., Horobin R.W., Kiernan J.A. (2010) Hematoxylin shortages their causes and duration and other dyes that can replace hemalum in routine hematoxylin and eosin staining. Biotechnic & Histochemistry 85(1): 55-63.</ref> En consecuencia, o prezo do composto incrementouse, o que afectou ao custo da histopatoloxía diagnóstica, e impulsou a procura de tinguiduras nucleares alternativas. Pero antes de que o uso de compostos alternativos quedase firmemente establecida, a hematoxilina volveu en abundancia aos mercados (a pesar de todo máis cara que antes) e volveu a ocupar o seu posto preferente na histopatoloxía. Para a súa substitución recomendáronse varias tinguiduras sintéticas, principalmente o [[azul celestina]] (CI 51050), [[galocianina]] (CI 51030), [[galeína]] (CI 45445) e [[eriocromo cianina R]] (tamén chamada cromoxano cianina R e solocromo cianina (CI 43820). Todos eles son compostos que teñen Fe(III) como [[mordente]]. Outra alternativa é o complexo de aluminio de [[brazilina]] oxidada, que difire da hematoxilina tan só nun grupo [[hidroxilo]].
|