Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{imaxe dupla|dereita|Cross Santiago.svg|135|Ordem Santiago (purple).svg|105|Variantes do emblema da Orde de Santiago: a Cruz Espataria ou Espada Crucífera.}}
 
A '''[[Orde militar|Orde Militar]] de Santiago''' é unha orde [[orde relixiosa|relixioso]]-[[orde militar|militar]] xurdida no [[século XII]] no [[Reino de León]]., durou mais alá da [[Reconquista]]
 
== Historia ==
Liña 9:
 
Os cabaleiros da Orde de Santiago aceptaron os votos de pobreza e obediencia. Porén, ó organizárense pola regra dos [[Orde de Santo Agostiño|agostiños]] en vez da do [[Císter]], os seus membros non estaban obrigados a faceren voto de castidade e puideron contraer [[matrimonio]] (casados eran algúns dos seus fundadores). A bula do papa Alexandre III recomendaba o celibato. Nos Estatutos da fundación da orde precisábase: "''En conxugal castidade, vivindo sen pecado, semellan ós primeiros pais, porque mellor é casar que queimarse''".
 
 
 
=== A Orde en Castela e León ===
[[Ficheiro:Ucles Cuenca España Monasterio y Castillo. Ucles. Cuenca Spain. Monastery Headquaters of Sant Jacques Order..jpg|200px|miniatura|dereita|Mosteiro e castelo de [[Uclés]].]]
Afonso VIII cedeulle [[Uclés]] en [[1174]] á orde, sendo desde aquela a súa casa principal, de onde a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como ''Orde de Uclés''. Máis adiante, en [[1211]], [[Moya]] e [[Mira, Cuenca|Mira]], ás que se unirían posteriormente [[Osa]], [[Campo de Criptana]], [[Pedro Muñoz]], [[Montiel]] e [[Alhambra]]. Os cabaleiros de Santiago participaron na reconquista das comarcas de [[Teruel]] e [[Castelló]] e combateron na [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]]. Os monarcas castelán-leoneses concedéronlles privilexios que permitiron á orde repoboar extensas rexións da [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Durante o [[século XV]], a orde trasladou o seu radio de acción a [[Serra Morena]] e tomou como lugar habitual de residencia dos seus mestres a poboación de [[Llerena]] ([[provincia de Badaxoz|Badaxoz]]), proporcionando un alto crecemento tanto nesta poboación coma nos arredores.
 
A partires do século XIV a sfortalezas das Ordes sofren un irreversible detrioro debido ao pouco uso que tiñan e a pouca atención debido a que deixaron de ser núcleos de poder ademais que a entrada de armas de fogo fixo deles un operativo desfasado, en 1352 o concello de [[Murcia]] denunciaba ante o rei pola situación de ruina no que se atopaban os castelos santiaguistas de Caravaca e Cehegín. A finais do XV a orde de Santiago fixérase co control en [[Castela]] de mais de 20.000km cadrados nos que habitaban uns 200.000 vasalos, esta potencia señorial xustificaba que en 1312 Don Juan Manuel fixera ver ao rei Xaime II de Aragón que si obtiña para un dos seus fillos a maestría santiaguista faríase cunha das chaves-a outra era o arzobispado de [[Toledo]]- que lle permitirían controlar o reino castelán.
 
Co pasar do tempo e o fin da [[Reconquista]], a Orde de Santiago viuse implicada nas loitas internas de Castela. Ao mesmo tempo, debido aos seus innúmeros bens, tivo que, por varias veces, sustentar as pretensións da Coroa. Por outro lado, sendo o cargo de Gran-mestre de tamaña importancia, eran frecuentes as loitas entre grandes familias para alcanzar esa dignidade. Ata tal punto desacreditaran á orde estes escándalos, que á morte do Gran-mestre [[Alonso de Cárdenas]] en [[1493]], os [[Reis Católicos]] pediron á [[Santa Sé]] que providenciase unha forma de acabar cos problemas na administración da orde, reservando para si mesmos o mestrado da orde. Así, por unha bula de [[1493]], o papa concedeu aquela dignidade aos Reis Católicos, medida que era ao mesmo tempo unha recompensa polos servizos prestados polos reis de Castela e Aragón ao servizo da fe [[catolicismo|católica]], pois en [[1492]] fora conquistada [[Reino de Granada|Granada]], último reduto [[musulmán]] da [[Península Ibérica]].
 
Tras a morte de [[Fernando II de Aragón|Fernando, o Católico]], tornouse gran-mestre da Orde [[Carlos I de España]]. En [[1523]] o Papa [[Hadrián VI, papa|Hadrián VI]] uniu para sempre á coroa de España os gran-mestrados das Ordes de Santiago, [[Orde de Calatrava|Calatrava]] e [[Orde de Alcántara|Alcántara]], tornándose este un mero título hereditario dos reis de España. Até entón, o Gran-Mestre de Santiago era elixido polo ''Consello dos Trece'', así chamado por estaren presentes trece cabaleiros designados de entre os gobernadores e comendadores provinciais da Orde.



Con todo a administración ordinaria da Orde pasou o [[Consello de Ordes]], que tiña ao primeiro unha cámara en especial dedicada á Orde de Santiago pero xa en [[1566]] [[Filipe II de España|Filipe II]] ordenou que se formara un consello único para gobernar todas as ordes. Calcúlase que en [[1577]] os ingresos da Orde de Santiago estaban en torno a 120.000 ducados e en [[1572]] tiña 221 cabaleiros, pero a partir de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] os reis utilizaron a concesión de hábitos das ordes como mercede e premio, e así en [[1625]] eran 925 cabaleiros e o duque de Olivares chegou a poñelos en venda.
 
=== A Orde en Portugal ===