Hematoxilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
}}
}}
 
[[Ficheiro:Haematein.png|miniatura|200px|dereita|[[Haemateína]].]]
A '''hematoxilina''' (CI 75290) é un composto que se extrae do cerne da madeira da árbore pau de Campeche (''[[Haematoxylum campechianum]]'').<ref>Cooksey C. (2010) Hematoxylin and related compounds - an annotated bibliography concerning their origin, properties, chemistry and certain applications. Biotechnic & Histochemistry 85(1): 65-82. PMID 19568968</ref> A hematoxilina é un composto básico/positivo que se une e forma sales con compostos ácidos (basofílicos) que conteñen cargas negativas (por exemplo o [[ADN]] ou [[ARN]], que son ácidos/negativos debido aos fosfatos cargados negativamente que conteñen) e tíngueos de azul escuro ou violeta. A hematoxilina e a [[eosina]] adoitan aplicarse conxuntamente na que se denomina [[tinguidura de hematoxilina-eosina]] ou tinguidura HE, que é unha das máis utilizadas en [[histoloxía]]. Este tipo de tinguidura é permanente, a diferenza doutras tinguiduras que son temporais (como o [[lugol]]). Outra tinguidura común con hematoxilina é a [[hematoxilina ácido fosfotúngstico]], unha mestura de hematoxilina con [[ácido fosfotúngstico]]. Cando se [[Redox|oxida]] forma o composto [[hemateína]], que forma complexos intensamente coloreados con certos ións metálicos, os máis notables dos cales son os sales de Fe(III) e Al(III). Os complexos de metal-hemateína utilízanse para [[tinguidura (bioloxía)|tinguir]] os [[núcleo celular|núcleos]] das células antes de observalos ao [[microscopio]].<ref>Puchtler, H., Meloan, S.N. & Waldrop, F.S. 1986. Application of current chemical concepts to metal-haematein and -brazilein stains. Histochemistry 85: 353-364.</ref> As estruturas que se tinguen con ferro-hemateína ou aluminio-hemateína adoitan demoninarse [[basófilo (tinguidura)|basófilas]], aínda que o mecanismo de tinguidura é diferente do utilizado polas tinguiduras básicas.