Hematoxilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 54:
As tres principais solucións de alume hematoxilina empregadas son a hematoxilina de Ehrlich, hematoxilina de Harris<ref>Meloan, S. M. & Puchtler, H. 1987. "Harris hematoxylin," what Harris really wrote and the mechanism of hemalum stains. Journal of Histotechnology 10: 257-261.</ref>, e hematoxilina de Mayer. O nome hemalume (ou ''haemalum'') é preferible a "hematoxilina" para estas solucións porque a [[hemateína]], que é un produto da oxidación da hematoxilina, é un composto que se combina con ións aluminio para formar o complexo tinguidura-metal activo. As solucións de alume hematoxilina danlle ao núcleo das células unha cor vermella clara transparente que rapidamente se volve azul ao ser exposta a calquera líquido neutro ou alcalino.
 
O alume ou o sulfato de aluminio e potasio utilizados como mordente xeralmente se disocian en solución alcalina, combinándose con ión OH<sup>−</sup> da auga para formar [[hidróxido de aluminio insoluble]]. Na presenza de exceso de ácido, o hidróxido de aluminio non pode formarse, o que causa que non se forme o lago de tinguidura de aluminio hematoxilina, debido á ausencia de ións OH<sup>−</sup>. Por tanto, as solucións ácidas de alume hematoxilina vólvense vermellas. Durante a tinguidura, as preparacións tinguidas con alume hematoxilina pásanse despois xeralmente por unha solución neutra ou alcalina (por exemplo, auga da billa cando é "dura" ou hidróxido amónico ao 1%) para neutralizar o ácido e formar un complexo alumino hematina azul insoluble. Este procedemento chámase o ''azulado''. <ref> Godwin Avwioro (2011). Histochemical Uses Of Haematoxylin - A Review. JPCS 1:24-34. [http://www.arpapress.com/Volumes/JPCS/Vol1/JPCS_1_05.pdf PDF]</ref>
 
 
En lugares onde a auga da billa non é suficientemente alcalina, ou cando é auga ácida que non é axeitada para facer o azulado da hematoxilina, un substituto pode ser disolver 3,5 g de NaHCO<sub>3</sub> e 20 g MgSO<sub>4</sub>·7H<sub>2</sub>O nun litro de auga con [[timol]] (para inhibir a formación de mofos), que acelera o azulado de cortes histolóxicos finos en parafina. A adición de trazas de calquera [[álcali]] á auga da billa ou destilada tamén proporciona unha solución azuleadora efectiva; unhas poucas pingas de hidróxido de aluminio forte ou de carbonato de litio saturado, engadidas inmediatamente antes do uso, son dabondo para para unha vaso de tinguidura de 400 mL cheo de auga. O uso de auga moi fría fai máis lento o proceso de azulado, mentres que a auga quente o acelera. De feito, a auga por debaixo de 10&nbsp;°C en vez de azulear pode producir descoloracións artefacto rosa no tecido.