Hematoxilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Hamatoxylin
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
 
[[Ficheiro:Haematein.png|miniatura|200px|dereita|[[Haemateína]].]]
A '''hematoxilina''' (CI 75290) é un composto que se extrae do cerne da madeira da árbore pau de Campeche (''[[Haematoxylum campechianum]]'').<ref>Cooksey 2010</ref> A hematoxilina é un composto básico/positivo que se une e forma sales con compostos ácidos (basofílicos) que conteñen cargas negativas (por exemplo o [[ADN]] ou [[ARN]], que son ácidos/negativos debido aos fosfatos cargados negativamente que conteñen) e tíngueos de azul escuro ou violeta. A hematoxilina e a [[eosina]] adoitan aplicarse conxuntamente na que se denomina [[tinguidura de hematoxilina-eosina]] ou tinguidura HE, que é unha das máis utilizadas en [[histoloxía]]. Este tipo de tinguidura é permanente, a diferenza doutras tinguiduras que son temporais (como o [[lugol]]). Outra tinguidura común con hematoxilina é a [[hematoxilina ácido fosfotúngstico]], unha mestura de hematoxilina con [[ácido fosfotúngstico]]. Cando se [[Redox|oxida]] forma o composto [[hemateína]], que forma complexos intensamente coloreados con certos ións metálicos, os máis notables dos cales son os sales de Fe(III) e Al(III). Os complexos de metal-hemateína utilízanse para [[tinguidura (bioloxía)|tinguir]] os [[núcleo celular|núcleos]] das células antes de observalos ao [[microscopio]]. As estruturas que se tinguen con ferro-hemateína ou aluminio-hemateína adoitan demoninarse [[basófilo (tinguidura)|basófilas]], aínda que o mecanismo de tinguidura é diferente do utilizado polas tinguiduras básicas.
 
A inicios da década de 1970 e posteriormente en 2008, houbo escasez de hematoxilina debido a interrupcións na extracción da madeira do [[pau de Campeche]]. En consecuencia, o prezo do composto incrementouse, o que afectou ao custo da histopatoloxía diagnóstica, e impulsou a procura de tinguiduras nucleares alternativas. Pero antes de que o uso de compostos alternativos quedase firmemente establecida, a hematoxilina volven en abundancia aos mercados (a pesar de todo máis cara que antes) e volveu a ocupar o seu posto preferente na histopatoloxía. Para a súa substitución recomendáronse varias tinguiduras sintéticas, principalmente o [[azul celestina]] (CI 51050), [[galocianina]] (CI 51030), [[galeína]] (CI 45445) e [[eriocromo cianina R]] (tamén chamada cromoxano cianina R e solocromo cianina (CI 43820). Todos eles son compostos que teñen Fe(III) como [[mordente]]. Outra alternativa é o complexo de aluminio de [[brazilina]] oxidada, que difire da hematoxilina tan só nun grupo [[hidroxilo]].