Abrir o menú principal

Cambios

desenrolar ==> desenvolver
 
== Presidente de Ghana ==
Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o [[desenvolvemento]] do país, de modo que os seus [[recurso]]s poidesen ser usados para mellorar o [[benestar]] da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenroladosdesenvolvidos. Desde un punto de vista [[Ideoloxía|ideolóxico]] Nkrumah era un defensor do [[socialismo africano]]. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do [[Estado]] na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do [[ensino]] e da construción de [[infraestrutura]]s (o grande encoro de [[Akosombo]]), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Ghana atopaba no seu intento de emanciparse tanto social como economicamente, Nkrumah virouse moi apaixonado na denuncia do [[neocolonialismo]] . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento [[panafricano]]: a unión de [[África]] enteira nunha [[federación]].
 
As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para estenderse por toda [[África]]. Nkrumah vía na federación de África o único xeito para que o continente se emancipase realmente e reservarse un espazo na época da [[Guerra Fría]]. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.