Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
desenrolar ==> desenvolver
Liña 96:
==== A ofensiva de Denikin ====
 
A situación dos brancos na Rusia do sur era a comezos de 1919 ambivalente. Separados do teórico comandante Kolchak, desenrolabandesenvolveron a súa propia estratexia militar e tiverantiveron éxito nas operacións no Cáucaso. O exercito do Don, dirixido polo líder cosaco Piotr Krasnov estaba envolto nunha loita de desgaste contra o Exercito vermello de [[Vladimir Gittis]], que compensaba a falta de adestramento militar e disciplina dos seus homes coa superioridade numérica e as accións de castigo da [[Cheka]] e os xuízos militares sumarísimos. En febreiro de 1919 o exercito cosaco reducíase a 15.000 homes e Krasnov foi obrigado a renunciar ó mando, sendo substituído por Bogaevski, colaborador próximo de [[Anton Denikin]] o xefe dos Brancos na Rusia do sur. O novo xefe cosaco aceptou a autoridade de Denikin sobre as súas tropas e rompeu os vencellos de Krasnov cos alemáns que impedía a Denikin recibir axuda de Gran Bretaña.
 
Xa como dirixente indiscutible dos contrarrevolucionarios na rexión do Don, Denikin puido coordinar as accións das tropas cosacas coas das súas propias e ordenou o Exercito de Voluntarios axudar ós cosacos do Don. Os Voluntarios partiron do Cáucaso e foron levados á conca do Donets para reforza-lo lado oeste do exército do Don, nun momento no que a loita se intensificara. O Exército dos Voluntarios comandado por [[Vladimir Mai-Maievski]] conseguiu, grazas ó control da rede de trens, conter a ofensiva Vermella e pasar ó ataque en xuño, provocando a retirada dos soviéticos e conseguindo tomar Kharkov, centro comunista en Ucraína.