Manifesto do Partido Comunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 73 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q40591
desenrolar ==> desenvolver
Liña 16:
* '''Burgueses e proletarios'''. Neste apartado introdutorio desenvólvese a idea de que a historia do mundo se basea na loita entre opresores e oprimidos, e concibe o modelo social de entón coma un espazo de enfrontamento entre a burguesía, obrigada a revolucionar constantemente os medios de produción para a súa propia supervivencia, e o proletariado, que aproveitará os cambios desencadeados polo capital para volverse contra el e derrubar a orde capitalista.
 
* '''Proletarios e comunistas'''. Os autores identifican o proxecto comunista da Liga cós intereses do proletariado internacional, de xeito que define o comunismo coma a ideoloxía obreira final ou vangarda proletaria. Neste apartado desenrólasedesenvólvese propiamente o programa do comunismo e rebate as críticas vertidas contra o proxecto comunista. Así, establécese neste apartado a abolición da propiedade privada, a creación dun elevado imposto progresivo, a omnipotencia do Estado e o igualitarismo entre tódolos cidadáns. Mediante estas medidas ([[ditadura do proletariado]]) os autores buscan a desaparición das desigualdades de clase; e teoricamente, trala superación desta fase terá lugar o establecemento dunha sociedade libre e socialista na que o poder político xa non será necesario.
 
* '''Literatura socialista e comunista'''. Entre a nebulosa de propostas de tendencia esquerdistas ou socialista da época, os autores do Manifesto destacan varias tendencias: