Leninismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
desenrolar ==> desenvolver
Liña 7:
A teoría de Lenin sobre o imperialismo tiña como obxectivo mellorar a obra de [[Karl Marx]] explicando un fenómeno que Marx non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional). No medio desta teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados coloniais e explotando os recursos destas [[colonialismo|colonias]]. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas manter contentos ao seus traballadores, en parte tamén a través da creación dunha [[aristocracia obreira]]. Como resultado o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos [[socialdemocracia|socialdemócratas]], ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil: [[Rusia]].
 
Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenvolvido isto conleva un problema serio: ese país non será capaz de desenrolardesenvolver un sistema socialista, na teoría marxista o [[socialismo]] é o estadio que sucede ao capitalismo, antes de chegar ao [[comunismo]]), porque o capitalismo aínda non seguiu o seu curso completo nese país, e porque os poderes estranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:
 
# A revolución sucede nun país subdesenvolvido desata unha revolución nun país capitalista desenvolvido, por exemplo, Lenin esperaba que a Revolución Rusa provocara unha revolución en [[Alemaña]]. O país desenvolvido establece o socialismo e axuda ao subdesenvolvido a facer o mesmo.