Fernando Garrido Valenzuela: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) m Desfixéronse as edicións de Shuganan 8 (conversa); cambiado á última versión feita por Xas |
|||
Liña 1:
'''Fernando Garrido Valenzuela''',
==Traxectoria==
Enxeñeiro agrónomo. Foi cabeza de lista de [[Coalición Democrática]] nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|primeiras eleccións municipais]] no concello de [[Silleda]]. Foi nomeado [[Consellería de Agricultura|Conselleiro de Agricultura]] en [[1984]]. Foi deputado elixido pola [[provincia de Lugo|circunscrición de Lugo]] en representación de [[Alianza Popular]] en [[1985]], co que continuou no cargo de conselleiro ata [[1986]]. De feito, durante uns meses entre [[1985]] e [[1986]] ocupou ademais as carteiras de [[Consellería do Mar|Pesca]] e Alimentación, unidas á de Agricultura.
Ao ano seguinte, en [[1987]], foi un dos conselleiros que acompañou a [[Xosé Luís Barreiro]] cando este deixou o goberno de [[Xerardo Fernández Albor]], e mesmo abandonara AP meses antes que Barreiro, presentándose a concelleiro por [[Independentes de Galicia]] nas [[Eleccións Municipais 1987 en Galicia|eleccións municipais de 1987]] por [[Pontevedra]]. De feito, non só sae elixido concelleiro, senón que o cabeza de lista [[José Rivas Fontán]] vence nas eleccións e faise coa alcaldía. Cando Barreiro deixou AP integrouse canda el no grupo parlamentario de [[Coalición Galega]], durante o período comprendido entre o [[1987]] e o [[1989]].
{{Start box}}
{{Succession box|título=[[Ficheiro:Escudo de Galicia.svg|25px]]<br>[[Consellería do Medio Rural|conselleiro de Agricultura]] |período=[[1984]]-[[1986]]|predecesor= [[Jaime Rey de Roa]]|sucesor=[[Ángel Ruiz Fidalgo]]}}
{{End box}}
Despois de estar afastado da vida política, en [[2009]] foi nomeado por [[Alberte Núñez Feijoo]] presidente do padroado do [[Parque Nacional das Illas Atlánticas]].
==Vida persoal==
É o irmán da tamén deputada [[Irene Garrido]].
{{ORDENAR:Garrido Valenzuela, Fernando}}
|